Ocio y cultura

A RAG promove unha serie web de Luisa Villalta para as Letras Galegas

Presentaron a programación para o día das Letras, que inclúe varias actividades para transmitir o legado da homenaxeada aos máis pequenos

A Coruña

A Real Academia Galega promove unha serie web sobre Luísa Villalta de fronte ao Día das Letras Galegas. Na programación inclúense múltiples contidos para os nenos. Víctor Freixanes, presidente da RAG, no acto de presentación, animou a ler á autora para a cita do próximo mes de maio.

A finais de febreiro presentarán a web creada para o público infantil, na que se incluirá unha biografía ilustrada de Villalta, escrita por Xoán Babarro e Ana María Fernández e ilustrada por Óscar Villán, e varios recursos lúdicos e didácticos. A principios de marzo sairá á luz a serie web, da produtora Miramemira, que consta de 6 capítulos e poderá verse na rede e na TVG.

O 17 de maio, o día grande, terá lugar un acto no Teatro Rosalía de Castro, en A Coruña. Polo momento, xa está aberta na web da RAG a sección das Letras Galegas 2024, coa biografía completa da autora homenaxeada, asinada por Ana Romaní.

Ao acto de presentación acudiron tamén a directora da sección de literatura da RAG, Marilar Aleixandre, e a nai e irmá da homenaxeada. A familia de Villalta, mostrouse emocionada porque o pensamento "forte e moderno" da autora poida ser transmitido ás novas xeracións grazas ao recoñecemento da Academia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00