Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Día das Letras Galegas

A viguesa editorial Xerais lanza catro títulos para achegar a traxectoria de Luísa Villalta ao lectorado

A poeta será homenaxeada o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas

Edicións Xerais homenaxea a Luísa Villalta

A editorial Xerais publica catro títulos arredor da biografía e a traxectoria de Luísa Villalta (1957-2004), poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024. Montse Dopico, María Canosa, Eli Ríos, Beatriz Maceda e Xurxo Souto asinan as obras que buscan achegar a poeta ao lectorado.

Dende o pasado mes de decembro están xa nas librarías os títulos "Luísa Vilalta. Melodía de palabras" e "Luísa Villalta. Alma de violino", pensados para que os máis pequenos coñezan a obra e o legado de Luísa Villalta. Xa no mes de xaneiro publicouse "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta", un libro de Xurxo Souto en que explica o vínculo entre a poesía e a música a partir da formulación da propia homenaxeada. Por último, dende o 1 de febreiro estará á venda "Abonda con vivir", unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva e que asina a xornalista Montse Dopico.

"Luísa Villalta. Melodía de palabras", de María Canosa relata nesta obra a biografía da poeta da Coruña para chegar ao público máis novo. A obra publícase na colección Merlín e inclúe imaxes da poeta e violinista. Un libro para nenos e nenas a partir de 11 anos.

"Luísa Villalta. Alma de violino", de Eli Ríos, Beatriz Maceda e a ilustradora Laura Suárez uniron o seu traballo para crear un álbum ilustrado co que descubrir a Luísa Villalta a partir das palabras. Partindo de termos que definen a poeta, este álbum achega algunhas claves para coñecer a súa traxectoria como música e poeta comprometida.

"Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta", de Xurxo Souto. En 1999 Luísa Villalta publicou O outro lado da música, a poesía, libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, Xurxo Souto penetra na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia.

"Abonda con vivir. Luísa Villalta", unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. Escrito pola xornalista Montse Dopico.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00