Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Dous coruñeses premiados no certame A Erbeda, organizado pola RAG e polos veciños de Palavea

David Otero e Alba Cedillo foron os galardoados nas categorías de adultos e xuvenil, respectivamente. O premio da categoría infantil recaeu en Sabela García, de Ordes

A Coruña

A Real Academia Galega e a asociación veciñal Os Nosos Lares, de Palavea, fixeron entrega dos premios do Certame de relato breve A Erbeda. Os gañadores desta cuarta edición nas categorías de adultos e xuvenil foron dous veciños da Coruña: David Otero, de Santa Xema, e Alba Cedillo, alumna do IES Menéndez Pidal, respectivamente. O galardón infantil levouno por terceiro ano consecutivo Sabela García, de Ordes.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, definiu os gañadores como posibles “novas voces” da literatura galega.

O nome da convocatoria recupera o topónimo literario que Emilia Pardo Bazán lle deu ao barrio coruñés de Palavea, e con el quérese render homenaxe a unha autora que dominou con mestría a arte do relato curto.

A iniciativa está organizada pola asociación Os Nosos Lares, coa colaboración da RAG, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, o Concello da Coruña e as librarías Xiada, Moito Conto e Formatos.

David Otero foi premiado polo relato titulado “Nasa”, unha historia trepidante en forma de diálogo que invita a reflexionar, desde unha perspectiva desmitificadora do cine, sobre os motivos que poden levar a unha persoa a involucrarse no narcotráfico.

Alba Cedillo Vázquez, de 14 anos, gañou o galardón para persoas entre os 12 e os 17 anos con “A travesía da princesa perdida”, unha historia sobre a superación das adversidades e a recuperación das ganas de vivir.

Sabela García Santos levou o premio da modalidade infantil con “A nosa terra”, un conto que narra a descuberta de Galicia a través dos ollos dunha nena de cuarto de primaria.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir