Un home resulta ferido ao ser acoitelado pola súa parella en Vimianzo
Foi atendido do centro médico soneirán onde lle aplicaron puntos de sutura
Vimianzo
Un varón tivo que ser atendido polos servizos médicos en Vimianzo logo de ser agredido pola súa parella. O home sufriu unha ferida con incisión que precisou de puntos de sutura. A Garda Civil investiga xa os feitos, inda que o agredido rexeitou presentar denuncia.
Os feitos tiveron lugar ás portas do bar London. O local estaba preparando o peche e algún clientes remataban as consumicións cando unha muller irrumpiu a berros no bar. Iniciouse así unha liorta entre un dos clientes e a muller, ambos clientes habituais do local e que segundo diversas fontes "son parella". A discusión continuou fóra e, segundo algunhas testemuñas, foi alí cando a muller "pinchou ao home" cun arma branca que levaba agochada. O agredido recibiu a primeira asistencia por parte dos responsables do local. Más tarde foi atendido no Centro de Saúde vimiancés, onde recibiu algúns puntos d esutura na feria. "Foi o clásico pinchazo" sinalan algúns dos que presenciaron os feitos.