Sociedad

César Blanco: "A actividade agrogandeira e a sostibilidade non só son compatibles, senón que se necesitan mutuamente"

Participa nun proxecto de impulso a bioeconomía rural a través de actividades tradicionais como a gandería de montaña

César Blanco: "A actividade agrogandeira e a sostibilidade non só son compatibles, senón que se necesitan mutuamente"

César Blanco: "A actividade agrogandeira e a sostibilidade non só son compatibles, senón que se necesitan mutuamente"

07:05

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1707409229539/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Varios investigadores da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo participan nun proxecto que busca recuperar actividades agrogandeiras tradicionais, como a gandería de montaña, moi vencelladas coa conservación de hábitats. A outra pata desta iniciativa, e que se desenvolve de forma paralela, é o impulso á bioeconomía rural.

O programa vaise desenvolver ata o ano 2025 en varias áreas de Galicia, entre as que se contan a Serra do Xistral e Monte Maior, na provincia de Lugo. Trátase na súa maior parte de montes veciñais e en mancomún, que conforman en total catro áreas piloto.

Nelas avalíase o estado de conservación medioambiental e redáctanse plans para o seu manexo e conservación. O método de traballo implica conxugar a sustentabilidade dos recursos que ofrece o medio e o ciclo de vida, máis a supervivencia económica, das actividades gandeiras.

César Blanco, Técnico Superior de Investigación de RURALtXA!, que así se chama o proxecto, explica que o que buscan é "impulsar a bioeconomía rural mediante a posta en valor de actividades tradicionais, como pode ser a gandería de montaña, que teñen moito que ver coa conservación dos hábitats nos que se desenvolve".

Amósase convencido de que non só é posible atopar un punto de equilibrio entre a actividade do sector primario e a sustentabilidade dos recursos naturais, senón que son as dúas interdependentes.

"A actividade agrogandeira", indica, "precisa dos servizos que lle están proporcionando os hábitats nos que se desenvolve, porque precisa auga e polinización, por exemplo". Pero na outra cara da moeda sinala que "a biodiversidade tamén está moi relacionada coa actividade agrogandeira".

Explica que traballan en "áreas nas que aínda perviven actividades tradicionas gandeiras, agrícolas ou apícolas, que levan desenvolvéndose moito tempo e que son sostibles economicamente e ambientalmente". Pero a súa intención non é impoñerlles limitacións, senón "poñer en valor todos eses traballos e os servizos ecosistémicos que estan xerando esas actividades e que son vitais para o ser humano, como pode ser a captación de carbono".

Loita contra o cambio climático

Traballan en hábitats de queirogais e de turbeiras. No segundo caso explica que están formadas nun noventa por cento por auga: "Son esponxas". Son fundamentais, polo tanto, para a regulación dos ciclos hidrolóxicos e "todo o relacionado coas necesidades de auga potable que temos".

Apunta ademais que cubren un tres por cento da superficie terrestre, pero almacena en torno a un dez por cento da auga doce e colaboran coa captación de carbono. Son esenciais para a sociedade, e este tipo de actividades agrogandeiras que se nutren delas tamén contribúen á súa conservación.

O traballo deste grupo é ofrecer posibilidades para persoas produtoras que queiran comprometerse cun manexo sostible dos recursos. Manteñen de forma recorrente encontros cos comuneiros, xunto cos que analizan os resultados das súas investigacións, ata o de agora de forma positiva.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00