Política

Os candidatos da Costa da Morte debateron as súas propostas en Radio Nordés

Rubén Lorenzo (PP) defendeu a xestión da Xunta, mentres que Óscar Insua (BNG) e Patricia Iglesias (PSOE) falaron de "desmantelamento" e "deixadez" do goberno autonómico respecto á bisbarra.

Debate electoral 18F (09/02/2024)

01:14:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1707488828720/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Costa da Morte

Radio Nordés Cadena SER celebrou esta mañá o debate electoral entre os candidatos dos partidos con representación parlamentaria. Ruén Lorenzo, número 13 da lista do PP; Óscar Insua, número 7 do BNG e Patricia Iglsias, cabeza de lista do PSOE foron os encargados de confrontar os programas das súas formacións. O debate, estruturado en bloques temáticos, evidenciou a visión dispar dos tres partidos respecto da actuación da Xunta na Costa da Morte. Os populares avalaron a xestión do goberno autonómico, mentres que tanto PSOE como BNG ven un serio abandono por parte dos populares.

Infraestruturas

Rubén Lorenzo lembrou que o tramo existente da Autovía da Costa da Morte chegou grazas á aposta dos populares, "porque co bipartito só houbo ata tres actos de inauguración". Lembrou a conxelación no prezo da peaxe da autoestrada A Coruña-Carballo, en contraposición coa subida experimentada na AP-9. Tamén quixo lembrar o compromiso existente para buscar a mellor solución posible para a problemática da dársena de Malpica, onde estudan diversas opcións e fixo fincapé na "aposta polo chan industrial como amosa o compormiso coa creación dos polígonos de Cabana e Coristanco".

A visión de Óscar Insua (BNG) foi radicalmente oposta á do voceiro popular., considerando que a parálise na construción da autovía leva a crer que "a este paso farán falta 40 anos para facela. A autovía está sen rematar e levan 15 anos sen executar nada". Insua sinolu que se a día de hoxe os usuarios pagan peaxes na autoestrada é "únicamente pola culpa do PP". O nacionalista ampliou as críticas á situación que atravesa a circunvalación de Carballo "que nin está nin se lle espera", o "desmantelamento" do muelle de Brens, o prometido porto mixto de Corcubión ou a base de Salvamente Marítimo en Ruibo, "abandoada e que provoca un aumento nos tempos de resposta ante accidentes marítimos". O BNG considerou necesario invertir na bisbarra para parar a "sangría demográfica que obrigou a emigrar a 18.000 mozos e mozas das comarcas de Fisterra e Soneira"

A número 1 da lista do PSOE, Patricia Iglesias, afeou aos populares o seu costume de "botar balóns fóra" á hora de buscar culpables noutras administracións cando se fala de cuestións sobre as que teñen competencias. "Se na AP-9 se pagan peaxes é grazas á concesión ampliada por Mariano Rajoy" asegurou. A socialista afeou que a Xunta de galicia só fose capaz de executar o 50% dos fondoes europeos que o goberno de España enviou ao atuonómico. "Teñen as concellos afogados, que llo pregunten aos alcaldes e alcaldesas da bisbarra" manifestou.

Sanidade e Servizos Sociais

Rubén Lorenzo defendu a xestión da Xunta de Galicia en materia sanitaria. "Segundo o CIS os galegos son os segundos cidadáns do Estado que consideran que a sanidade pública funciona ben, cun 66% deles satisfeitos, mentres que a media española está no 55%". O popular relatou diversas medidas adoptadas polo goberno autonómico como "ter o calendario de vacinación máis completo do mundo, dotar de medios punteiros (aos hospitais) e extender os diferentes cribados" preventivos. No tocante á bisbarra recordou a reforma das Urxencias do Hospital da Costa da Morte, "cunha inversión de 1,1 millóns, mentres que o PSOE só se preocupoa porque a fachada está negra, algo ao que se lle dará unha solución definitiva". Criticou ao goberno central ao que acusou de "incumprir a Lei de Dependencia cubrindo so 30% do gasto" cando esta cantidade debía ser do 50%.

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego considerou que en materia sanitaria a bisbarra está "en total abandono". Óscar Insua lamentou os problemas existentes para dotar á Costa da Morte de "pediatras e profesionais da saúde mental, non hai pediatras, hai puericultores". "No Hospital da bisbarra siga sen haber profesionais de especialidades como cardioloxía, reumatoloxía, etc obrigando á xente a desprazarse a Coruña e gastar os cartos nesa viaxe" mentres preguntaba polo motivo polo que non se desprazan os profesionais ao Hospital de Cee "como sucede co do Salnés". A ausencia de ambulancias medicalizadas e os obrigatorios transbordos de pacientes foron tamén obxecto de crítica. No tocante aos Servizos Sociais, Insua denunciou a ausencia "dun só Centro de Día" en toda a bisbarr. Teñen un Corcubión e dende 2014 néganse a asumilo".

Patricia Iglesias describiu a situación sanitaria como de "colapso" "Non é normal agardar dúas semanas para ter unha cita na atención primaria". Criticou as listas de agarda "unhas listas maquilladas" debido ao cómputo que fai o Sergas deses períodos. A socialista comprometeuse a que a veciñanza non deba agardar "máis de 48h" para ter unha cita co seu médico, nun intento de "apostar pola sanidade pública e non polos concertos privados como fan vostedes" criticou sinalando ao PP. O problemas actuais para cubrir determinadas prazas achacounos Iglesias "ás condicións de traballo" precarias que ofrecen na actualidade dende o Sergas. Por último, a socialista insistiu na idea do afogmaento que viven os concellos debido á deixadez da Xunta de Galicia. "Os concellos acaban asumindo en materia de servizos sociais o que non fai a Xunta"

Turismo

Dende o Partido Popular apostan pola ·desestacionalización" e a "formación" para evitar que os empresarios se atopen o problema da falta da man de obra. Dentro desa política Rubén Lorenzo lembrou o ciclo de FP de Hostalería implantado neste curso en Muxía. Avogou por "ir todas as administracións da man" para dar a coñecer a Costa da Morte

Óscar Insua (BNG) avoga polo impulso ao sector pero "sen chegar a crear dependencia". Criticou o proxecto para facilitar que profesionais do medio mariño se poidan reconvertir en guías turísticos e lmebrou que o sector do mar está fondamente ligado ao turístico a través da gastronomía. Por último, reflexionou sobre a intención do partido popular de fomentar un turismo verde mentres "enche de eólicos" os montes da bisbarra.

A número 1 da lista do PSOE, Patricia Iglesias, amosou a intención de apostar polos recursos naturais e a sustentabilidade pra conseguir que a Costa da Morte sexa un destino turístico "os 365 días do ano, un obxectivo que se pode conseguir con "planificación e calidade". "Os beneficios do turismo débense reflexar no territorio" explicou Iglesias.

Agro e Pesca

O representante do Partido Popular aproveitou esta intervención para atacar aos nacionalistas lembrando que o Comisario Europeo de Pesca, Virginijus Sinkevicius, pertence á Alianza Verde, grupo no que está enmarcado o BNG no Parlamento Europeo. "Aí están en compañía de ERC e Bildu" no que considera "unha mostra do independentismo radical do Bloque". Ampliou as súas críticas á postura de PSOE e BNG na crise dos pélets, "onde non dubidaron en poñer en perigo ao sector comparandoo co Prestige ou usando fotos de catástrofes sucedidas noutros lugares" só por evitar que o PP siga no goberno.

Na resposta do voceiro do BNG lembrou que "o partido maioritario do Parlamento Europeo é o Partido Popular. A política non a marca o Comisario Europeo, decide o Parlamento" correxiu Insua. Para o nacionalista, o PP está a "desmantelar un sector que era punteiro e que xa está reducido á metade", preguntándose que fixo o goberno autonómico "coa problemática das cotas pesqueiras... aprobadas polo PP en Bruxelas"

Patricia Iglesias (PSOE) apostou por poñer en valor ambos sectores "creando industrias vinculadas co mar e o agro e que transformen o produto". A socialista desexa que a implantación desas empresas veñan da man "dos fondos europeos e non dos fondos de inversión". Destacou a Lei de Seguridade da Cadea Alimentaria como un instrumento clave para garantir o prezo xusto dos produtos en orixe.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00