Volve escoitar o debate entre os candidatos pola provincia de Lugo ao Parlamento de Galicia
Infrestruturas, vivenda e reto demográfico no debate a tres entre PPdG, BNG e PsdG
Debate de los candidatos por la provincia de Lugo al Parlamento Gallego
34:21
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1707744792913/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Lugo
No tirón final da campaña, a Cadena SER en Lugo organiza un debate a tres para coñecer as propostas de cada partido en chave provincial. O convite fíxose aos cabeza de lista que non fosen candidatos á presidencia: Elena Candia, polo PP, Olalla Rodil polo BNG e Lara Méndez en representación dos socialistas. A popular, seguindo a estela da estratexia de Rueda, non compareceu e delegou a súa intervención no segundo de abordo lucense Javier Arias.
A cita desenvólvese co telón de fondo das últimas enquisas, que apuntan a posibilidade de que o PP perda a presidencia da Xunta e abren a porta a un goberno plural de esquerdas. Neste escenario a provincia de Lugo convírtese nunha praza chave, sendo á vez un dos territorios cos que as Adminstracións acumulan máis débedas pendentes.
O debate vertebouse nas principais demandas da provincia e estruturaouse en catro bloques: O primeiro un balance dos últimos quince anos, o segundo o apartado adicado a infraestruturas e conexións e, chegando o final, outro para afondar nas propostas sobre vivenda e reto demográfico. Xa para pechar o encontro cada un deles tiveron un minuto de ouro para poder convencer aos ouvintes de que son a mellor opción.
Balance dos últimos quince anos
Abríu o bloque o Partido Popular, que enfronta un balance da súa xestión na Xunta dende o 2009. O seu representante no debate, Javier Arias, reivindicou o selo dos conservadores en "todos os grandes proxectos que se levaron a cabo", e destacou a construcción do Hospital Lucus Augusti, o estado da rede de carreteras autonómicas ou as melloras que se fixeron nos centros educativos.
As representantes de BNG e PSdG saen ao paso destas afirmacións. Para a nacionalista Olalla Rodil a chave para facer esta valoración é "preguntarse se a nosa vida está mellor hoxe que hay quince anos". Pon de exemplo a sanidade e sinala que "agora hai que agardar entre sete e dez días para unha cita co médico de cabeceira". É a consecuencia, asegura "de dez anos de goberno do PP con recortesna sanidade pública".
Para Lara Méndez a perda de habitantes e que Galicia medre por debaixo do ritmo ao que o fai o conxunto do estado é o máis grave. Sinala ademais algunhas das cuestións sobre as que o Consello de Contas advertiu á Xunta como "a mala xestión das residencias, ou a baixada de impostos ás rendas máis altas". Méndez, que destacou tamén "o peche de escolas e de centros de saúde", cre que a xestión do Partido Popular deixa "unha Galicia peor e sen oportunidades para os máis novos".
Infraestruturas e conexións
No apartado referido ás conexións da provincia o PSdG e o PP intercambiaron acusacións, mentres que o BNG reivindicaba a súa capacidade de influir no goberno central a través do pacto de investidura. Lara Méndez aseguraba que esta é unha "débeda notoria" e acusa ao PP de non ter feito "nin un metro da autovía entre Lugo e Santiago nin das conexións ferroviarias de pasaxeiros e mercancías".
Javier Arias defendou a xestión do seu partido asegurando que o estado das vías de xestión autonómica "non ten comparación coas carreteras da Deputación, que non hai por onde collelas", e asegura que seguen traballando en proxectos como o do corredor de A Mariña, pero que están agardando "a que nos digan por onde debe transcorrer". Méndez indígnase e contesta que "será a Xunta a que terá que decidir o trazado".
Á marxe, a cabeza de lista por Lugo do BNG estableceu as prioridades do seu partido, entre as que se atopan "obras de modernización da rede ferroviaria no tramo Lugo-Ourense". A Olalla Rodil parécelle ademais "curioso que o PP diga agora que vai facer todas as carreteras que non fixo en quince anos".
Vivenda e reto demográfico
A construcción de vivenda pública centrou as intervencións dos tres partidos neste apartado, e foi tamén motivo de confrontación. Á afirmación de Arias de que a Xunta estaba a construir inmobles nas dúas parcelas da Xunta en Garabolos, Méndez e Rodil saltáron atónitas ante tal afirmación.
A socialista acusou o PP "de mentir de xeito reiterado" mentres que a nacionalista convidou "a todo aquel que queira ver que non están traballando que pasen polas parcelas de Garabolos", sentenciou.
Méndez ve na vivenda un eixo fundamental para asentar poboación en Lugo. Revindicou que hai "para ter oportunidades laborais hai que ter onde poser vivir, do contrario a xente marcha. A realidade é que cada vez somos menos os galegos que vivimos aqui".
Rodil tamén quixo subliñar a necesidade de ter unha vivenda para poder "ter un proxecto de vida". Sacou datos a nacionalista e asegurou "que hai moita xente sen capacidade de acceder a un dereito fundamental como é a vivenda e é porque non se constrúe vivenda publica. 21 vivendas sociais en aluguer tendo aquí dúas parcelas en Garabolos, esto é o que fixo a Xunta en 15 anos".
Pola súa banda, Airas, defendeu que o problema da vivenda "é algo que pasa en todas partes do mundo. Por iso sacamos a tarxeta bienvenida, a primeira matricula gratis nos curso universitarios, no rural as casas niño... estamos apostando por facer más sinxela a vida das persoas. E no senso da vivenda pública entregamos en total 615 vivendas novas, a metade en Lugo".