18F Elecciones Galicia Elecciones Galicia

Resultados Pactos
Sociedad | Actualidad

Que Lugo quere a mocidade lucense?

As xuventudes do PPdG, BNG e PSdG debaten sobre as súas preocupacións, problemas e propostas de futuro para a provincia

Volve escoitar o debate das xuventudes do Hoy por Hoy Lugo

Volve escoitar o debate das xuventudes do Hoy por Hoy Lugo

31:07

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1707919029092/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

A carreira pola Xunta de Galicia non só irrompe nos festexos de entroido, se non que tamén tingue o día de San Valentín. Este 14 de febreiro a campaña segue a ser a protagonista da xornada. Na súa recta final, os partidos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia axustan ao máximo as súas axendas e a onde non chegan, mandan recado. O debate electoral está marcado pola sanidade, polas deficiencias no rural e polas infrestruturas. Porén, pouco se ten falado da mocidade.

Nunhas eleccións onde a chave pode estar no índice de participación, pouco se repara nos máis novos do territorio galego. Se nalgo concordan os partidos con representación no Parlamento de Galicia é en buscar unha movilización total: O PP quere "frear unha esquerda sectaria", o BNG "gobernar coas máns libres de Madrid" e o PSdG-PSOE "garantir inversións reais da mán do goberno central".

Os máis novos levan colgada a etiqueta, moitas veces, de 'pasotas' ou 'pouco comprometidos' co vida política. En contraposición, son xeracións marcadas pola incertidumbre, por salarios baixos e custes de vida elevados. Así que si, teñen moito que dicir.

Pasáronse polos micrófonos de Hoy por Hoy Lugo representantes das xuventudes dos partidos con actual repsentación no Parlamento galego: Yago Atadell, integrante das Novas Xuventudes Socialistas, Alexandre Espiño Castro, integrante de Galiza Nova e membro do Consello Local do BNG e Gonzalo Maximiliano Lebredo Álvarez de Linera, coordinador de medio rural de novas xeracións populares de Galicia.

Falaron de vivenda, da preocupación por non facerse cunha, da falta de axudas aos máis mozos e dos problemas de empregabilidade. Posturas encontradas, pensamentos dispares pero unha mesma idea: renovar a política a futuro e demostrar que non por novos viven menos preocupados polo futuro social.

Lugo, provincia chave

A provincia de Lugo suma case 338.000 electores, aproximadamente un 12,5% do censo en Galicia, que terán nas súas mans elixir os catorce deputados en xogo, dos cales na última lexislatura nove foron do Partido Popular, que conseguiu en 2020 uns resultados por esta circunscrición cualificados como “históricos” e, por tanto, difíciles de repetir.

O Partido Popular conseguiu chegar nos anteriores comicios aos 89.266 votos, un 54,63% dos emitidos, un resultado que lle outorgou o noveno deputado por esta provincia; mentres que o BNG alcanzou 35.178 votos, un 21,53% e 3 deputados, relegando ao Partido Socialista á terceira posición, con 28.465 votos, un 17,42% e 2 parlamentarios.

A campaña electoral para as eleccións galegas comezou con moita forza en Lugo e os tres partidos envorcáronse como nunca nesta provincia. De feito, dous dos principais candidatos, Alfonso Rueda (PP) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), elixiron a capital lucense para dar o pistoletazo de saída a este "sprint final" que levará ás urnas o próximo 18 de febreiro.

O primeiro acto de campaña de Ana Pontón (BNG) -ao día seguinte- tamén foi nesta provincia, concretamente na casa da súa familia no municipio de Sarria, onde mantivo un encontro cos medios de comunicación acompañada dos seus pais.

Curiosamente, na última fin de semana de precampaña, os tres principais aspirantes tamén coincidiron na capital lucense, co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como teloneiro de Gómez Besteiro.

Coas enquisas na man, todo indica que na provincia de Lugo hai un ou dous deputados autonómicos en xogo que, en función ao lado para o que caian, poden ser determinantes para o resultado final das eleccións. Decisivos para consolidar a maioría absoluta do PP ou para propiciar un cambio político.

Fuentes da dirección provincial do Partido Popular recoñecen que repetir uns resultados similares aos de 2020 e conservar o noveno deputado por esta provincia “é difícil”, pero confían en “todo o traballo” realizado durante estes últimos anos na Xunta de Galicia e na fortaleza da súa organización política para conseguilo.

Para iso, están a facer unha campaña que levou aos seus representantes “para peitear o territorio” e aseguran que a “resposta da xente está a ser moi positiva”. Aínda que perder un deputado entra no posible, afirman que van “traballar” sen descanso ata o último día para apontoalo e no PP de Lugo, a día de hoxe, non se expoñen a posibilidade de ceder dous representantes por esta circunscrición e baixar a sete.

Tamén se mostran moi optimistas nas filas do BNG. Aseguran que o cambio político en Galicia podería decidirse por un puñado de votos e, concretamente, na provincia de Lugo aspiran a conseguir un cuarto representante nos comicios do domingo.

De feito, nos seus últimos actos electorais por esta circunscrición apelaron de forma constante ao voto útil, a concentrar o apoio da esquerda nas papeletas do Bloque.

Moi diferente foi en cambio o discurso socialista, que loitará o domingo por alcanzar un terceiro deputado. O seu candidato, José Ramón Gómez Besteiro, repetiu de forma constante durante esta campaña que "o cambio chegará da man dos socialistas ou non chegará", cun goberno autonómico “con experiencia” e capacidade de “influencia” en Madrid.

En canto aos temas que centraron esta campaña, a deterioración ou a perda de servizos na zona rural e, de forma moi concreta os problemas na sanidade pública, foron a punta de lanza dos dous partidos da esquerda, mentres que o PP centrou as súas críticas no estado das infraestruturas que comunican Lugo co resto de Galicia e de España.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00