Política

"Que non me falen de recortes dende a oposición, co bipartito destinaron 1400 millóns menos para sanidade"

Paula Mouzo, número 14 na lista do PP pola Coruña, na última entrevista electoral de radio Nordés

Entrevista a Paula Mouzo Mas (16/02/2024)

15:05

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1708099654337/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Costa da Morte

A candidata camariñá defendeu as políticas dos populares en materia sanitaria, recoñeceu que sempre hai marxe de mellora, pero asegurou que Galicia está nunha situación moito mellor que o resto do estado. Destacou o anuncio desta semana do hospital de día de oncoloxía para Cee e a chegada de varios pediatras nos centros de saúde da zona.

Mouzo criticou que o Goberno español levase aos tribunais a lei do litoral e presumiu de que os populares son os que realmente defenden ao sector pesqueiro.

A deputada popular preferiu non falar doutros sectores como o agro ou o turismo e dou por finalizada a entrevista antes de tempo debido á chegada de Feijoo para un encontro cos militantes da zona, na despedida aproveitou para vincular ao BNG con Bildu e asegurar que a formación nacionalista quere eliminar as provincias.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00