Sociedad

A aula con máis metros cadrados de Ourense

Paseamos polo centro educativo máis amplo da cidade a través do programa"Ourense literario"

Ourense literario, un paseo pola aula máis grande da cidade

Ourense literario, un paseo pola aula máis grande da cidade / Lucía Abarrategui

Ourense

Desprazámonos á aula con máis metros cadrados de Ourense: a rúa. A chave, para acceder ás súas ensinanzas achegouna esta mañá José Ramón dende a Oficina de Turismo. O roteiro arrancou nas Burgas "un lugar emblemático, que aparecen en moitos textos nun lugar marxinal".

Ourense literario, un paseo pola aula máis grande da cidade

Unha tradición que vén do conto “Os graxos das Burgas” de Lamas Carvajal e que está presente en autores como Blanco Amor. O percorrido polas rúas de Ourense é topar constantemente coa literatura e niso consisten estas visitas nas que hoxe participou o IES Blanco Amor.

Na visita, o alumnado descobre algún dos motivos polos que unha praza leva o nome de Saco e Arce ou polos segredos que agocha a catedral.

Sobre o obxectivo deste programa “Ourense literario” a concelleira de Educación, Tamara Silva, sinalaba a importancia de non esquecer todo ese legado cultural que está nas pegadas da cidade.

Rematamos a visita na Alameda con autoras contemporáneas como Uxía Casal ou Cristina Pato. Hoxe foi só a primeira das visitas polas que pasarán máis de 400 alumnos de 9 centros escolares.