Carlos Basalo: "Hai que facer unha normativa adaptada ao agro que non nos expulse"
O voceiro de Unións Agrarias explica a Radio Ourense as reivindicacións do sector agrograndeiro

Lectura do manifesto das centrais sindicais agrogandeiras en Ourense / Lucía Abarrategui
Ourense
Os tractores volveron ás rúas de Ourense este martes despois de que colapsaran o centro da cidade o pasado 6 de febreiro. Desta volta, as mobilizacións en distintos puntos da xeografía galega foron convocadas polas tres centrais sindicais Sindicato Labrego Galego, Asociación Agraria Galega e Unións Agrarias.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Segunda tractorada no centro de Ourense
Ao longo da mañá deuse lectura a un manifesto, perante a subdelegación do Goberno en Ourense baixo o lema "polo futuro do sector produtor". Na institución rexistraron unha táboa de demandas. Entre elas, a adaptación da política agraria común ás singularidades do territorio galego e a suspensión de medidas burocráticas. Hoy por Hoy Ourense saíu á rúa para cubrir as devanditas mobilizacións.




