SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Más deportes

A Federación Galega de Automobilismo edita Carreira a Carreira

Libro resumo gráfico de todas as probas celebradas na tempada 2023 nos distintos certames autonómicos

Federación Galega de Automobilismo edita un libro resumo

A Federación Galega de Automobilismo edita un libro resumo / RFGA

A Federación Galega de Automobilismo editará nos próximos días ´´ Carreira a Carreira´´, un libro resumo no que se recopilan todas as probas automobilísticas de carácter autonómico nos distintos certames de 2023. Cun total de 352 páxinas e máis de 500 fotografías, este libro servirá como recordo dunha tempada na que a actividade foi frenética, con case medio cento de competicións entre os meses de febreiro e decembro.Este volume inclúe, ademáis das fotografías, crónicas e clasificacións de todas as probas, conformando un compendio gráfico que terá continuidade nas próximas campañas. Os beneficios da venta de ´´ Carreira a Carreira´´ serán destinados ao proxecto deportivo dun federado de cara a tempada 2024, dentro duns criterios que marquen a promoción e crecemento dentro do certamen no que decida participar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00