Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Sociedad

"Aquí tamén se fala", a campaña máis viral do instituto Rafael Dieste que impulsa o galego

Múltiples personaxes recoñecidos uníronse á iniciativa do Rafael Dieste, gravando vídeos para as redes reivindicando o falar galego. Entre eles o actor internacional Viggo Mortensen, cuxo vídeo se fixo viral nas redes sociais

Alumnos e profesores do IES Rafael Dieste, impulsores do proxecto 'Aquí tamén se fala galego'

Alumnos e profesores do IES Rafael Dieste, impulsores do proxecto 'Aquí tamén se fala galego'

23:45

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1708520166791/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

Hoxe, no Día da Lingua Materna, falamos sobre a campaña "Aquí tamén se fala", que tenta eliminar os prexuízos en torno ao galego. Naceu no instituto Rafael Dieste, xa chegou a máis de 150 colexios e institutos de toda Galicia. Precisamente alumnos e profesores pasáronse hoxe polos micros de Hoy por Hoy A Coruña.

Arcadio González, un dos docentes do centro, explica que estas campañas non serían necesarias se a política lingüística escolar fose distinta e apoiase o idioma. Aínda así, di que nota un incremento do uso do galego no instituto entre os mozos por mor de proxectos como este.

Converteuse na campaña de dinamización lingüística máis grande levada a cabo polos propios estudantes, e son eles mesmos os que acoden aos comercios para colocar os seus carteis e adhesivos.

Múltiples personaxes recoñecidos uníronse á iniciativa do Rafael Dieste, gravando vídeos para as redes reivindicando o falar galego. Entre eles o actor internacional Viggo Mortensen, cuxo vídeo se fixo viral nas redes sociais. A campaña chegou mesmo ao Estadio de Riazor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00