Hoy por Hoy SantiagoHoy por Hoy Santiago
Sociedad

Volve a Residencia Literaria da Cidade da Cultura na procura de novos talentos

Sica Romero, Brais Lamela ou Arancha Nogueira son algúns dos nomes que desfrutaron da iniciativa en edicións anteriores

Javi Peña: "Calquera pode ser escritor"

Javi Peña: "Calquera pode ser escritor"

15:24

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1708537292295/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Ata o 19 de marzo está aberto o prazo de inscrición da nova convocatoria da Residencia Literaria da Cidade da Cultura. O seu director, o escritor Javi Peña, pasou este mércores polo Hoy por Hoy Santiago para animar os novos autores a participar.

Unha das grandes dúbidas de quen se interesa pola Residencia é se cómpre ter algunha obra xa escrita. "O único requisito é ser galego ou vivir en Galicia", aclara Peña. As e os solicitantes deben facer chegar unha proposta de cadanseu proxecto á organización. Unha vez recibidas, o equipo valora cada unha delas e escolle quen se fai coa residencia.

Logo de seren admitidos, as dez persoas beneficiarias compartirán textos e críticas nun espazo aberto, de respecto e de confianza mutua. "Facemos trinta sesións, tres con cada proxecto", describe Peña. O traballo da residencia, que vai dende o 1 ao 13 de xullo, comeza mesmo antes, con reunións telemáticas previas, para aproveitar ao máximo a experiencia presencial.

Peña tamén aproveitou para falar da escrita polo xeral. Asegura que a partir do que levamos dentro podemos aprender a escribir se incorporamos as mesteres ferramentas técnicas. "Todos temos esa capacidade de contar historias", sinala o autor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00