Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad | Actualidad

Facha non significa o que parece en Antas de Ulla

A filóloga Andrea Santiso publica un estudo da toponimia do seu concello que afonda nas súas orixes

A filóloga Andrea Santiso investiga a toponimia de Antas de Ulla

A filóloga Andrea Santiso investiga a toponimia de Antas de Ulla

10:44

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1708433392490/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Os nomes de lugar adoitan dar moita información sobre o territorio no que se atopan, e tamén sobre as peroas que viven nel. O estudo da toponimia é unha vía de comunicación co pasado dun lugar que fala de como se conformou unha sociedade, de que maneira o habitaron os seus veciños e tamén sobre as súas características xeográficas e naturais.

A colección 'Terra Nomeada', da Real Academia Galega e da Asociación Galega de Onomástica, pretende recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia para saber máis sobre a súa orixe e o seu significado. A filóloga Andrea Santiso vén de sumar a esta colección un volume no que investiga a toponimia de Antas de Ulla, o seu concello.

Este proxecto comezou sendo o seu Traballo de Fin de Grao para graduarse como filóloga galega e rematou por converterse nun libro. O volume presentouse na Casa da Cultura de Antas de Ulla, cun salón de actos cheo de veciños que demostraron un gran interés por coñecer a orixe dos nomes dos lugares nos que viven.

No libro Andrea Santiso revisa a toponimia maior de Antas, é dicir, os nomes das parroquias e da capital do municipio. Mais a filóloga apunta tamén a importancia de conservar os topónimos que se refiren a lugares moi concretos, que históricamente se empregaron de forma cotiá e que agora están a desaparecer.

"Necesitamos conservar os nomes que utilizamos a diario para referirnos aos sitios do noso concello", apunta, "pero sobre todo os nomes que usamos para referirnos ós camiños, ás leiras ou ás fincas, e que se están perdendo coa xente maior que se vai".

Para ela, que xa tiña un profundo cariño por Antas, desenvolver toda esta labor de investigación supuxo que sentise unha vinculación aínda máis forte co municipio: "Agora vexo Antas con outros ollos, porque nunca me parara a pensar que detrás deses nomes había historias e outra información que forma parte da miña identidade como habitante dun lugar".

Peculiaridades da toponimia

A primeira peculiaridade da toponimia deste concello atópase no xenticilio. Os habitantes de Antas de Ulla son seonanenses e seoanesas. Andrea Santiso explícao: "Antigamente o núcleo de Antas chamábase Seoane, así que esta é unha maneira de recuperar parte da nosa historia e seguímola conservando, por exemplo, no nome do campo de fúbol, que é o Castro Seoane, ou no xentilicio".

Engade tamén, para completar a explicación, que "a San Xoán é ao que remite ese Seoane, unha advocación recorrente en moitas parroquias de Galicia".

Dentro da onomástica seoanense hai outros topónimos que chaman a atención a quen non está familiarizado con eles. Facha é un deles. En contra do que poida parecer, non fai referencia nin á fachenda que puidesen ter os seus habitantes, nin se vencella a feitos relacionados cos ideais políticos nin con ningún suceso durante a ditadura.

Segundo explica a filóloga, hai dúas hipóteses posibles para explicar a súa orixe, porque, avisa "ao final traballar con toponimia sempre te coloca na dúbida, non é unha ciencia exacta". A primeira delas ten que ver "cunha presa de palla lista para prender lume para que te visen dende un sitio baixo".

Xustifícase porque "Facha está un pouco máis alto dentro do concello de Antas, así que podería ter sentido que a xente daquelas, para comunicarse entre sí, collese palla e a prendese". A outra posibilidade é que derive do nome propio dunha persoa podente que posuía o lugar, algo moi recorrente na toponimia galega. Neste caso tería que ver con alguén coñecido por Fácula.

Outro caso curioso é o de Amoexa. É o nome que Andrea Santiso rexistrou como orixinal, a pesar de que, co paso do tempo, a súa fonética foi variando e a día de hoxe todos os veciños o coñecen como 'Amonxa'. Non ten nada que ver, a pesar de todo, coa existencia dun convento no lugar nin con outras actividades relixiosas, senón que, tal e como explica no seu libro, deriva "dunha raíz indoeuropea que significa auga".

Hay tamén outros topónimos que tivo que calificar como "escuros", dos que non hay rexistros que den pistas sobre as súas orixes, como Mancegar. Este ademais non se repite en ningún outro punto de Galicia, é un topónimo "único". Estes exemplos complétaos Andrea Santiso cun estudo moi completo da onomástica do seu concello, que pode consultarse íntegro no libro 'A toponomia de Antas de Ulla'.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00