O enterro do Kiko de Nigrán terá lugar finalmente o vindeiro sábado 2 de marzo
A saída da comitiva fúnebre terá lugar ás 18h00 dende a Casa Consistorial, dirixíndose ao Torreiro de Parada


O Concello de Nigrán traslada finalmente o seu tradicional enterro do Kiko, que estaba orixinalmente previsto para o pasado domingo, ao sábado 2 de marzo, por mor das inclemencias meteorolóxicas que están a azoutar á comarca do Val Miñor nestas xornadas.
A comitiva fúnebre sairá ás 18h00 dende o Auditorio Municipal, cara o Torreiro de Parada, para ser velado nunha cerimonia fúnebre oficiada polo pregoeiro Antonio, quen divertirá coas súas coplas elaboradas cada ano ex-profeso.
Despois terá lugar a procesión polo barrio da Igrexa e a queima. Esta peculiar celebración naceu en Parada da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con "kikos" (ata o punto de que esta ave representa á entidade).
Ao longo dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento distintivo do entroido nigranés ao incluír o Concello hai oito anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois (nesta edición os bois non poderán estar).

Antía Paz
(Vigo, 1984) Redactora en Radio Vigo. Ha trabajado en radio, televisión, prensa escrita, agencias de...




