O Concello de Ribadavia convoca un concurso "Debuxa Igualdade"
Trátase de unha acción para conmemorar o 8M
Ribadavia
A entidade local de Ribadavia organiza este concurso de debuxo con motivo do Día Internacional da Muller que se conmemora o 8 de marzo.
A entrega dos debuxo, nos centros escolares, pode ser ata o día 6 de marzo. Hai diferentes categorías: a de 1º e 2º de Primaria, a de 3º e 4º e a de 5º e 6º.
Os premios serán lotes de libros e material escolar. O fallo do xurado será o 15 de marzo e posteriormente do día 18 ao día 31 haberá unha exposición na Casa da Cultura.
Podense atopar as bases do concurso na páxina web do Concello : www.ribadavia.gal.
CON MOTIVO DO 8 DE MARZO DE 2024, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
(Entrega dos debuxos ata o mércores 6 de marzo de 2024 nos Centros Escolares)
Bases 👇
https://ribadavia.gal/concurso-debuxa-igualdade/
#8M #DíadaMuller #Ribadavia