Ocio y cultura

Ourense no tempo: dende a tampa dun sumidoiro do concello de Canedo ao caxato de Risco

A exposición poderá verse dende o martes 5 de marzo até o sábado 1 1 de maio en Afundación

Ourense no tempo, unha viaxe pola materialidade da cidade

Ourense

Dende a tampa dun sumidoiro do concello de Canedo, pasando por un pote da Fundición Malingre, ata o curioso caxato de Vicente Risco. Son algúns dos obxectos que conforman a exposición `Ourense no tempo´, cuxo coordinador local é José María Eguileta "os obxectos son froito de accións e as accións contrúen a cidade".

A mostra xa viaxou, adaptada a cada lugar, por cinco cidades galegas. En cada punto, cunha reacción distinta por parte do público segundo o comisario da exposición, Manuel Gago.

A partir de mañá martes 5 de marzo e até o 11 de maio saberemos como responde Ourense a unha mostra que fala sobre a cidade dende distintas perspectivas.