Sociedad

O polígono agrario de Remuíño é declarado de utilidade pública

Isto porá en valor 224 héctáreas do Concello de Arnoia

Imaxe de Arnoia / Cadena SER

O Diario Oficial de Galicia publica o decreto polo cal se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Remuíño, no municipio de Arnoia.

Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, porá en valor 224 hectáreas, distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios.

A zona delimitada está na área de actuación da Denominación de Orixe Ribeiro e a Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Arnoia, existindo unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas vinculadas á produción vitivinícola, de horta, á gandaría extensiva ou ao aproveitamento forestal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00