Xinzo de Limia acolle unha xuntanza de capoeira
As exhibicións serán o sábado 16 de marzo no pavillón municipal despois dunha fin de semana de atletismo e carreira popular
A concelleira de Deportes de Xinzo de Limia, Cristina Campero, fala da axenda deportiva no municipio
Ourense
A pasada fin de semana Xinzo de Limia converteuse no epicentro do deporte co Campionato Galego de Atletismo e a carreira popular. A concelleira de deportes, Cristina Campero, sinalou nos micrófonos de Radio Limia Cadena SER, que "malia a climatoloxía, puidemos gozar do campionato galego e, na popular, unha participación elevada. Dende os máis adultos aos máis pequechos".
Campero fai un balance positivo, onde a hostelería estivo "ao cento por cento" e fai énfase no carácter interxeracional da carreira popular e no aspecto "familiar do deporte". Ademais, Xinzo continúa coa súa axenda. O vindeiro sábado 16 de marzo a xuntanza de capoeira "reunirá unhas cen persoas no pavillón de Xinzo onde farán exhibicións" ao que pode asistir o público xeral.