Sociedad | Actualidad

Preocupación nos agricultores da Limia polas abundantes chuvias

Dende a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia advirten que os cultivos existentes "poderían podrecer"

Campo da Limia inundado / Pepe González

Ourense

A situación dos campos na comarca da Limia volta a ser preocupante no arranque de 2024. Atopámonos no remate da tempada do cereal de inverno, onde a unha sembra inferior a outros anos uníuse a situación de constantes precipitacións, que poderían aprodecer os cultivos, tal e como recoñecía en Hoy por Hoy A limia a voceira da Asociación de Agricultores e Gandeiros da Limia, María Teresa Joga.

Hoy por Hoy A Limia 12/03/2024

“Hai que lembrar que, no momento no que se estaban preparando as terras para sementar o cereal de inverno, vivimos xa un episodio de choivas que impediu a varios productores entrar nas parcelas” rememora Joga, calificando tamén a situación actual como de “asulagamento”. “O noso terreo é moi areento, e se continúan estas previsións de choiva constante, creemos que as colleitas non van a resitir”. Entre os cultivos afectados, ademáis de pataca e trigo, estarían tamén a colza, o millo ou a cebada; que se introduciron como alternativa ó binomio tradicional dos campos da Limia, algúns con moi bos resultados, pero aínda sen atopar un producto que permita obter resultados a estes episodios treboentos seguidos de tempadas de sequía.

María Teresa Joga tamén repasou a situación legal de moitas explotacións, ás que a normativa lles lastraría, motivo polo cal os agricultores de Xinzo de Limia uníanse ás protestas de tractores que ocuparon a capital de provincia. “Avances non houbo ningún. Ó tecido agrogandeiro se nos esixen unha serie de requisitos burocráticos moi esixentes para producir, e non ten sentido que ó noso agricultor se lle esixa tanto, e logo entren productos de fora a prezos moi apetecibles para o consumidor, pero que non cumpren a normativa que os nosos sí deben cumprir. Logo está o tema da PAC, que cremos que non se teñen en conta as peculiaridades da nosa comunidade autónoma, e os prezos da producción. O sector primario sempre estivo alí, en momentos complicados, mesmo na época do COVID, e cremos que é xusto que se nos apoie nesa reivindicación” conclúe.