Hoy por Hoy SantiagoHoy por Hoy Santiago
Sociedad

The Rapants inauguran a primavera con "La Máquina del Buen Rollo"

Os muradáns estrean o directo do seu terceiro disco con dúas noites cheas na compostelá Sala Capitol

Xanma Louro: "A nosa xeración precisa bailar"

Xanma Louro: "A nosa xeración precisa bailar"

17:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1710441461377/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Comezaron tocando nos bares de Muros, aló polo 2018, e durante o ano pasado subiron coma a escuma tralo éxito de "O Corasón coma un After", o álbum que os consagrou no panorama musical galego. Puxeron as vilas a bailar con "La Favorita", "O Avión" ou "Fai Tempo", entre outros grandes "hits". Co seu novo traballo, "La Máquina del Buen Rollo", The Rapants saen da discoteca para nos mergullar na atmosfera dunha noite de verán permanente.

Precisamente dende as atraccións das nosas tradicionais verbenas sacaban á luz os "rapantes" hai unhas semanas as primeiras imaxes de promoción de "La Máquina del Buen Rollo". Unha proposta visual que acompaña os videoclips dos seus traballos máis senlleiros. "Gústanos arrodearnos de xente que ten moi bo gusto", apunta Xanma, cantante e guitarrista da banda.

Son rapaces que teñen moi claro o que queren para o seu proxecto. No apartado estritamente musical, levan dende a produción de a "O Corasón coma un After" compoñendo os temas do seu novo artiluxio. Algúns datan mesmo dos seus comezos na música. Agora toca recoller todo o amor con que o fixeron: "Xa saíu, e saíu ben: o fillo está parido xa", comenta Matías, o baixista.

O primeiro que van recoller, así a todo, vai ser o agarimo dos seus seguidores na presentación do directo do novo disco. E é que estes esgotaron as entradas para o concerto do vindeiro sábado 23 na Sala Capitol en quince minutos. "O que tardaron en poñer o número da conta", lembran Xanma e Matías.

Diante de tal demanda, engadiuse unha nova data: o día seguinte. Os pases para ese domingo tamén voaron en cuestión dunha hora. Dous "sold out" na Capitol en dous días seguidos. Os "rapantes", como son coñecidos popularmente, contan con seguidores que son "hooligans", segundo comentan o guitarrista e mailo baixista.

Viven con responsabilidade o éxito que experimentaron no último ano. Amais, decatáronse de que a vida do artista é moito máis dura do que se pode entender dende fóra. Falan de renuncias e dunha dedicación diaria: "Tes que ter moita vocación", sinala Matías.

No seu percorrido, xa colaboraron con outros grandes nomes da música galega como Galician Army ou Grande Amore. Precisamente Nuno Pico, de Grande Amore, achega a letra de "Cando Pensa en Min", a canción que pecha o novo disco. Tamén Sara Faro, de Fillas de Cassandra, colaborou na composición lírica de "Rue Franklin", o segundo sinxelo de "La Máquina del Buen Rollo".

Diante da actualidade do panorama musical galego, The Rapants téñeno claro: "Estamos vivindo un dos mellores momentos musicais en galicia coa pluralidade de artistas que hai", sostén Xanma. De cara a futuras colaboracións, se cadra, podemos agardar algo con Carlangas, como parte da lista de desexos dos "rapantes".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00