Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Ocio y cultura

José Salgado: “Houbo moita xente de Galicia e Portugal”

Verín celebrou o Lázaro cunha ampla programación onde se venderon máis de 2.000 petiscos

Entrevista a José Manuel Salgado, concelleiro de Feiras de Verín

Verín

A verinense feira do San Lázaro superou as expectativas postas no seu desenvolvemento, basadas nas edicións anteriores. O concelleiro de Festas, José Manuel Salgado, fixo un balance positivo nos micrófonos de Radio Limia Cadena SER, en canto a asistencia e ventas.

Unha festividade con tradición onde o San Lázaro é referencia en Verín e Chaves, o que queda patente na afluencia do público do país veciño.

Esta foi a primera vez que se celebrou o concurso gastronómico “Pincho no Lázaro”. Segundo as cifras do consistorio, vendéronse 2.084 petiscos en trece bares e restaurantes. En relación aos stands, participaron máis de sesenta entre restauración e artesanía.

O deporte, co encontro Verín-Chaves, e a música foron outros aspectos moi presentes nesta feira, na que o público infantil e xuvenil tivo un espazo destacado.