Sociedad | Actualidad

Ribadavia oferta actividades culturais e deportivas esta Semana Santa

Ademais pon en marcha un servizo de conciliación para os mais cativos

Semana Santa / Moi Gallardo

Ribadavia

O Concello de Ribadavia prepara unha ampla oferta de actividades culturais e deportivas como complemento aos actos relixiosos da Semana Santa 2024. As actividades comezan o luns, día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, un obradoiro destinado a nenos e nenas de 6 a 10 anos que terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 17:00. O xoves 28 e o venres 29 ás 12:30 terá lugar o roteiro “Coñece Ribadavia”, un roteiro polo patrimonio histórico da vila de Ribadavia. O xoves 28, ás 19:00, a Alameda acollerá o espectáculo de danza “Remembranza”, e posteriormente, ás 23:00 na praza de San Xoan terá lugar o concerto do grupo “Alabanda”, con repertorio de música pop e rock española.

As actividades culturais continúan o venres 29 co contacontos infantil “cuentos y mas cuentos”, que terá lugar na praza maior ás 13:00, e xa pola tarde, ás 19:00 terá lugar o musical “¡Escenas de todos!” no auditorio da Casa da Cultura, e xa pola noite será o entorno da fonte da prata, na rúa salgado Moscoso, o que acolla as sesións de música electrónica dos D.Js Jeivi e Roku, a partir das 23:00.

O sábado 30 de marzo ás 19:00 na igrexa da Madalena terá lugar o concerto de guitarra eléctrica do guitarrista compostelán Rafael Fernández. Un ano mais, celebrarase á actividade “A Arte dos Monumentos”, organizada por a asociación de Amigos do Museo, o sábado 30 de marzo ás 13:00 para coñecer a historia da sociedade recreativa “A Peña”, e o domigo 31, á mesma hora, para falar do antigo edificio Banco Pastor, ámbolos dous días o punto de encontro será na Fonte da Prata.

No que ten que ver co deporte, nesta semana santa, concretamente os días 29 e 30 de marzo, o polideportivo “O Consello” será sede do torneo de fútbol sala “Copa do Ribeiro”, organizado polo colectivo “minabo do Ribeiro”. Ademais, o campo do “Xestal” acollerá o Clinic de Semana Santa de fútbol, organizado polo Ribadavia Atlético en colaboración coa fundación Celta, os días 25, 26 e 27 de marzo.

Todas estas actividades son o complemento perfecto aos tradiciones actos relixiosos organizados pola Cofradía de Nuestra Señora del Portal en colaboración coa parroquia de Ribadavia. Dentro do programa de actos relixiosos este é o calendario de procesións desta Semana Santa 2024 destacar: o 24 de marzo, o Domingo de Ramos, dende San Xoan ata San Domingos, ás 11:30 h, o 28 de marzo, Xoves Xanto, procesión dos caladiños dende a igrexa de Santiago ás 21:00, o 29 de marzo, Venres Santo, Santo Encontro dende a igrexa de Santiago ata a Praza Maior, ás 11:30 e por último a procesión do Santo Enterro dende a igrexa de San Domingos, ás 19:30.

Ademais das actividades relixiosas, culturais e deportivas, o concello de Ribadavia pon en marcha tamén un servizo de conciliación para os mais cativos os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril en horario de 9:00 a 14:00.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00