Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Política | Actualidad

Unha Costa da Morte desprotexida

O Informe de Coxuntura Económica do Clube Financieiro de Santiago destaca a escasa proteción do territorio

Muxía é un dos concellos onde medra a oferta de Vivendas de Uso Turístico / Enrique Díaz / 7cero

Muxía é un dos concellos onde medra a oferta de Vivendas de Uso Turístico

Costa da Morte

A progresión de sectores coma o turístico non está a ser acompañada pola proteción do territorio que eses visitantes veñen desfrutar. É unha das conclusións que se poden sacar do Informe de Conxuntura Económica elaborado polo Club Financieiro de Santiago.

A provincia da Coruña ten únicamente un 15% da súa superficie terrestre calificada coma espazo protexido. A maior parte dese territorio concéntrase nas bisbarras da Coruña e Betanzos grazas á Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo. En 2020, a comarca de Bergantiños tiña 4.498 hectáreas recoñecidas dentro do catálogo da Rede Galega de Espazos Protexidos (RGEP), 4.409 deles en Rede Natura. En Fisterra son 3.173 hectáreas as que gozan de protección (coinciden as da RGEP coas de Rede Natura) e nas Terras de Soneira 1.397 están na RGEP (1.274 en Rede Natura). Das 46.000 hectáreas protexidas da provincia, só ao redor de 9.000 están na Costa da Morte, é dicir, menos dun 20%. Unha cifra chamativa tendo en conta que a riqueza natural é un dos factores que se pon en valor na oferta turística na comarca.

Mentres, o sector turístico avanza a velocidade vertixinosa na Costa da Morte. As prazas turísticas da comarca de Fisterra só son superadas por A Coruña e Santiago. Con 8.397 prazas, a fisterrá supera a territorios como Barbanza (6.642) ou Ferrol (5.789). A oferta da Costa da Morte complétana Bergantiños con 5.532 prazas e Terras de Soneira con 1.608. Especialmente chamativo resulta o dato de Vivendas Turísticas na comarca fisterrá. Cun total de 3.679 prazas rexistradas de xeito "oficial", supera ás existentes no Barbanza, Betanzos ou Ferrol e se sitúan cerca de igualar ás que operan en A Coruña (4.803) e Santiago (4.848).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00