María Teresa Joga: "Os distintos gobernos teñen que ter en conta as peculiaridades da comarca da Limia"
A presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores analiza a situación do campo limiao
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista con María Teresa Joga (ADEGAL)
Xinzo de Limia
María Teresa Joga, presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores, analizou a situación do campo limiao en Radio Limia Cadena SER logo das últimas chuvias que afectaron á comarca. Ademais das axudas para o sector, que xa reclamaron os sindicatos, Joga afirma que "tamén é necesario traballar no tema dos seguros agrarios, falar con elas para que este tipo de siniestros teñan maior cobertura".
Doutro lado, Joga fixo referencia ás últimas novas relativas a unha sentencia que deixa "fóra a Galicia das zonas potencialmente afectadas. A sentenza di que non está demostrado que a presenza de nitratos na comarca teña unha orixe exclusivamente agraria ou gandeira". Ante esta situación, dende ADEGAL están pendentes de como afecta isto á declaración da comarca da Limia como zona vulnerable.
Doutro lado, Joga celebra a anulación do imperativo do uso das cisternas. Porén, explica que gandeiros e agricultores da Limia investiron no cambio da cisterna e "ás veces levou implícito o cambio do tractor". Consideran, dende ADEGAL, que este paso chega tarde.




