Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As películas O Corno e Matria, grandes vencedoras dos XXII Premios Mestre Mateo

Os XXII Premios Mestre Mateo do audiovisual galego entregáronse o sábado pola noite nunha gala celebrada no Coliseum da Coruña

A Coruña, 23/03/2024 .- Integrantes del equipo de la película ´O Corno´ tras recibir el premio a ´Mejor largometraje´ durante la gala de entrega de los Premios Mestre Mateo celebrada hoy sábado en el Coliseum de A Coruña. EFE / Moncho Fuentes. / Moncho Fuentes (EFE)

A Coruña, 23/03/2024 .- Integrantes del equipo de la película ´O Corno´ tras recibir el premio a ´Mejor largometraje´ durante la gala de entrega de los Premios Mestre Mateo celebrada hoy sábado en el Coliseum de A Coruña. EFE / Moncho Fuentes.

A Coruña

As películas O Corno, con sete galardóns, e Matria, con cinco, foron as grandes vencedoras dos XXII Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, que se entregaron onte sábado pola noite nunha gala celebrada no Coliseum da Coruña.

Estas dúas longametraxes partían xa como favoritas xunto coa serie Rapa, ao acaparar 42 candidaturas dos galardóns, segundo destacou nun comunicado de prensa a Academia Galega do Audiovisual, entidade organizadora dos premios.

O filme de Jaione Camborda, O Corno, foi a obra máis premiada da noite ao facerse con sete galardóns, entre eles os de mellor dirección e guión para Camborda. Tamén obtivo os premios a mellor dirección de arte (Melania Freire); maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Clavo e Silvia Neira); son (Sérgio Silva e David Machado); vestiario (Uxía Vaello) e mellor longametraxe.

Pola súa banda, Matria recibiu os premios a mellor dirección de fotografía (Lucía C. Pan) e dirección de produción (Nati Juncal), e fixo pleno nas categorías de interpretación, con María Vázquez como mellor interpretación feminina protagonista; Susana Sampedro, mellor actriz secundaria; e Santi Prego, mellor actor secundario.

Rapa, ademais de ser escollida como mellor serie de televisión, gañou tamén os premios a mellor montaxe (Gaspar Broullón, Julia Juanatey e Lucía Iglesias) e mellor música orixinal (Xavi Font).

Ademais, o actor compostelán Tamar Novas recolleu, por segundo ano consecutivo, o premio á mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en ¡Salta!.

A humorista coruñesa Lucía Veiga tamén volveu ser recoñecida, nesta ocasión como mellor comunicadora, polo seu traballo en Malicia Noticias.

Completan o listado de profesionais galardoados Alba Prol, Raúl García e Jairo Iglesias na categoría de mellor realización, polo seu traballo en O gran Camiño. Grandes Rutas a Pé do Mundo.

A Academia Galega do Audiovisual destacou a ampla presenza de profesionais femininas no palmarés, con mulleres gañadoras en todas as categorías agás nas de mellor son e mellor música orixinal.

A cerimonia de entrega estivo presentada por Lidia Veiga e Miguel Canalejo, acompañados no escenario por Fillas de Casandra, que puxeron a nota musical ao evento, no que tamén houbo espazo para a reivindicación.

Como a do presidente da Academia, Álvaro Pérez Becerra, quen apelou ao “compromiso de ser solidarias” e quixo dar visibilidade á situación da Academia Valenciana do Audiovisual, que leva varios meses sufrindo “os efectos da intolerancia e da censura”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir