Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O ciclo Luns de Poetas Di(n)versos en A Coruña contará coa participación do lucense Abraham Pérez e do poeta hondureño Rolando Kattan

O ciclo Poetas Di(n)versos, organizado e presentado por Yolanda Castaño, regresa este luns 25, ás 20:00 h, ao auditorio Ágora da Coruña

A Coruña

O ciclo Poetas Di(n)versos, organizado e presentado pola poeta Yolanda Castaño, regresa este luns día 25 ás 20:00 horas ao auditorio Ágora da Coruña, cunha nova cita que xuntará a un poeta galego e outro hondureño: Abraham Pérez e Rolando Kattan.

A entrada aos recitais é de balde ata completar aforo. Esta será ademais a última sesión do trimestre de poesía organizado polo Concello da Coruña, antes do inicio dun novo ciclo previsto para o luns 22 de abril.

Abraham Pérez (Lugo, 1990), graduado e máster en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, é autor da novela O paso en falso, coa que foi finalista do XXXIV Premio Torrente Ballester de narrativa, e dos poemarios O corpo transparente das horas. Foi seleccionado para participar na Residencia Artística Mariñán de literatura e pensamento en 2022 e, un ano despois, na Residencia de creación literaria da Illa de San Simón. Parte da súa obra foi traducida ao portugués, ao castelán e, proximamente, tamén ao francés.

Rolando Kattan (Tegucigalpa, Honduras) é editor, xestor cultural e unha das voces máis destacadas da literatura hondureña contemporánea. Entre os seus títulos máis recoñecidos están Los cisnes negros —Premio Casa de América de Poesía Americana—, Viaje imaginario a Kiribati ou Donde volver deseo, obras presentes en numerosas antoloxías e traducidas a diversas linguas.

Kattan é membro correspondente da Real Academia Española e membro numerario da Academia Hondureña da Lingua, ademais de ter recibido galardóns como o Premio Nacional de Literatura Ramón Rosa e o Premio Bucovina de Poesía.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir