Xinzo ofrece un programa de conciliación en Semana Santa
O obradoiro de decoración de ovos continuará ao longo da semana

Obradoiro de ovos de pascua en Xinzo

Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia continúa a ofrecer actividades na Semana Santa. Unha programación cultural que comezou co concerto de María do Ceo e que a partir deste luns estará centrado, en boa parte, no público infantil.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista con María Ángeles Martínez, concelleira de Xinzo de Limia
Como parte da programación elaborada para a Semana Santa, o Concello de Xinzo de Limia puxo en marcha un obradoiro de decoración de Ovos de Pascua no que participaron máis de 30 persoas durante a primeira xornada e que continuará o martes e mércores. O xoves de 16:30 a 18:30 horas farase o outro obradoiro para a elaboración de Ovos de Pascua de chocolate.
Ademais, haberá un Torneo de Xadrez no Casino Antelano e, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, está a ter lugar o Campamento Concilia Semana Santa, dirixido a nenas e nenos de 4 a 14 anos do que nos falou a concelleira de Servizos Sociais María Ángeles Martínez. As actividades realizaranse na Praza Carlos Casares e na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 13:00, até o 27 de marzo. Están organizadas pola sociedade cooperativa Xeracción, que dun xeito lúdico, a través de dinámicas e xogos, traballa valores vencellados á igualdade.
Doutro lado, haberá tres espectáculos o xoves, sábado e domingo: Orquesta Pantasma, Ce Orquesta e Monifates.




