Sociedad

Sandiás acolle novos obradoiros de estimulación cognitiva

O programa é de balde, comeza o 5 de abril e as inscricións poden facerse no consistorio

Maira Esteban fala dende AFAOR sobre os obradoiros de memoria en Sandiás

Sandiás

O Concello de Sandiás, en colaboración coa Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR) ofrece unha nova edición dos obradoiros de psicoestimulación e prevención do deterioro cognitivo.

Trátase de obradoiros gratuitos que comenzarán o 5 de abril no local social de Sandiás ás 16: 30 e, polo tanto, as persoas interesadas terán que se inscribir no consistorio, 988 465 001, ou cubrir o formulario online antes dese día.

Dende AFAOR explican que, a partir dos 60 anos, hai pequenos fallos de memoria que preocupan e preguntas que se repiten como: onde deixei as chaves? , apaguei a conciña?

Deste xeito, animan ás persoas interesadas a participar. En Radio Limia Cadena SER falamos coa educadora social Maiara Esteban sobre os obxectivos e o público ao que van dirixidos.