Sociedad

Hoxe, o papel da muller na sociedade nunha nova edición de Con Voz de Muller en Santiago

O evento arranca ás 18 horas no Teatro Principal

Xa está todo listo para unha nova edición do Foro Con Voz de Muller que organiza a Cadena SER en Galicia. Unha xornada no Teatro Principal de Galicia (18:00 horas) coa presenza de artistas de diferentes ámbitos e de xornalistas, na que tamén se falará da sexualidade, da igualdade e do consumo de pornografía na adolescencia.

Así, a xornada estará moderada pola xornalista da Cadena SER, Aida Bao, e será inaugurada pola alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín. A continuación, terá lugar unha intervención musical coa vocalista e compositora Nastasia Zücher.

Non baixará do escenario porque será unha das persoas que interveñan na primeira mesa: "A Muller na arte". Nela, ademáis de Zücher, participarán a cineasta Jaione Camborda, a directora da película O Corno, e a escritora Arantza Portabales. Unha mesa na que falarán, entre outras cuestións, de como foi evolucionando o protagonismo das mulleres no mundo da arte, e tamén compartirán cos asistentes as súas experiencias profesionais.

Logo será o turno das xornalistas Montserrat Domínguez, directora de Contidos da Cadena SER e de Esther Palomera. Baixo o título "Opinión de mulleres", nesta mesa reflexionarán sobre a presenza das mulleres nos medios e nos foros de opinión.

A continuación é o momento da proxección de parte de "Generación Porno", e de falar deste documental sobre o consumo de pornografía por parte dos adolescentes con Ruth Martínez, unha das súas responsables. Será a forma de introducir a derradeira das mesas, "A Igualdade na adolescencia". Falarán Pilar Fernández, da Fiscalía de Menores, a propia Ruth Martínez, Patricia Alonso, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e Sira Vidal, do Porxecto de Igualdade do IES Rosalía de Castro. Xuntas compartirán reflexións sobre a sexualidade e a igualdade nos mozos, logo da tertulia que mantivemos na Cadena SER con varios alumnos do Rosalía.

Nastashi Zürcher pechará a xornada con novas actuacións musicais.

Sigue el canal de La SER en WhatsApp, donde encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00