A Feira do Viño do Ribeiro acolle por primeira vez un espazo gastronómico
Haberá restaurante e zona de tapeo
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Ribadavia
A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa edición número sesenta e un, terá lugar do 3 ao 5 de maio no recinto da Alameda de Ribadavia.
Participarán un total de 36 adegas e colleiteiros que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes.
A principal novidade desta edición está no apartado gastronómico, xa que haberá dous ambientes diferenciados. Por unha banda, un restaurante con capacidade para 150 comensais. Ofertará tres menús diferentes a elixir, e no que se poderá reservar previamente tanto para comer como para cear. Por outra banda, tamén haberá un espazo denominado zona de tapeo, que contará cunha pulpeira, un posto de queixos de todo o mundo e outro de Coren, onde se ofertará comida variada.