Sociedad | Actualidad

Conmoción en Trasmiras polo atropelo dun veciño cando o seu fillo daba marcha atrás co coche

Dende o Concello de Trasmiras trasladan as condolencias á familia e lamentan a perda porque "vaise botar de menos como persoa e gaiteiro"

O alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, lamenta o tráxico suceso acontecido en Soutelo

Trasmiras

Fin de semana tráxica na Limia, concretamente en Trasmiras, onde unha persoa faleceu a consecuencia dun atropelo por un vehículo que estaba a manobrar no patio interior dunha vivenda. O suceso tivo lugar en Soutelo cando o condutor, fillo do falecido, manobrou marcha atrás atropelando ao home de 72 anos.

Ata o punto trasladáronse os servizos sanitarios que só puideron certificar a súa morte. Pola súa banda, o forense ordenou o levantamento do corpo e traslado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para a autopsia.

O suceso causou gran conmoción no lugar, "é unha situación dura. Póñome a disposición da familia, é unha gran perda porque tanto como persoa, e como personaxe, vaise botar de menos en Trasmiras, xa que era o gaiteiro por excelencia que estaba vivo e, onde el estaba, facíase notar e querer", explicaba aos micrófonos de Radio Limia Cadena SER o rexedor do municipio, Emilio José Pazos.