Ocio y cultura
Sinsal

Kristin Hersh actuará este venres 19 en Vigo, no museo MARCO, dentro da programación do Sinsal Primavera

As últimas entradas dispoñibles para ver no MARCO á artista underground, vocalista de Throwing Muses, están á venda na plataforma Enterticket

A estadounidense Kristin Hersh / Festival SINSAL

A estadounidense Kristin Hersh

O Sinsal Primavera 2024, o evento especializado en música de vangarda que promove a promotora Sinsalaudio, terá este venres, 19 de abril, a súa segunda cita. Nesta ocasión, o MARCO acollerá a estrea en Vigo dunha das voces máis recoñecidas da escena underground estadounidense das últimas décadas: Kristin Hersh. As entradas para o directo, que comezará ás 20h30, están á venda na plataforma Enterticket.

Sinsal Primavera, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, procura visualizar proxectos musicais de vangarda dunha ampla variedade estilística e que cuxa inclusión no circuíto habitual da programación das salas de concertos é infrecuente. Desta quenda, o evento propón descubrir unha das creadoras máis relevantes da escena alternativa norteamericana, como é Kristin Hersh, quen chega á cidade olívica no marco da súa xira europea para dar a coñecer o seu último traballo discográfico, Clear Pond Road (2023), un coidado disco que propón un auténtico road trip a través de historias persoais da cantante e guitarrista de Atlanta.

Kristin Hersh é un dos nomes clave do underground estadounidense, tanto pola súa carreira en solitario (con máis de dez traballos discográficos asinados por ela) como por estar ao fronte, desde os anos 80, da mítica banda Throwing Muses; ademais de ser parte de 50FootWave. Innovadora do rock, comprometida co feminismo, crítica coa industria e posuidora dunha voz única -que viaxa entre a suavidade do melódico e até os berros apaixonados-, estrearase en Vigo para pechar a súa xira por España, ademais de revisar outros temas da súa discografía. A cita, que será en formato acústico, é de visita obrigada non só para as e os amantes do indie, senón da música.

O concerto de Kristin Hersh comezará ás 20h30 do venres 19, mais a apertura de portas terá lugar ás 20h15. As entradas para este segundo directo de Sinsal Primavera 2024, no que o alumnado dos conservatorios vigueses ten desconto, están á venda desde 15€ (máis gastos de xestión) na plataforma en liña Enterticket. A seguinte e derradeira cita deste Sinsal Primavera será o xoves 9 de maio no MARCO e virá da man do saxofonista berlinés Julius Gabriel.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00