Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Ocio y cultura

Manel Cráneo: "Temos que coidar Viñetas dende o Atlántico porque é un festival moi grande"

Falamos co novo director de Viñetas dende o Atlántico en La Galería sobre o seu novo cargo e a súa traxectoria

A Coruña

Hoxe coñecemos a Manel Cráneo, dibuxante, editor, xestor cultural. Dedicou boa parte da súa vida á ilustración e despois de formar parte durante moitos anos de Viñetas dende o Atlántico, ahora diríxeo, xuntámonos con él nun dos seus lugares favoritos da cidade, no cemiterio de San Amaro xunto a Luis Seoane e Francisco Llorens.

La Galería: Manel Cráneo

21:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1713183546347/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Viñetas dende o Atlántico

  • ¿Cómo levas o novo cargo?

Estou durmindo unha media de 5 horas e media cada noite, porque a intensidade é total. Sobre todo, porque hai que empezar un pouquiño dende cero, é un equipo novo que hai que montar dende cero e intentar estar a altura, porque o Viñetas é un festival moi grande, moi coñecido a nivel europeo, e hai moito traballo de producción detráis. Vai haber que traballar moi duro de aquí a agosto.

O panorama galego hai que coidalo moitísimo, hai que ter atención no panorama internacional e nacional do cómic. É un festival moi querido, e dende a anterior dirección de Miguelanxo Prado fixose un moi bo traballo a ese nivel, e eso haino que seguir coidando e mimando, costou nada máis e nada menos que 26 anos, si que é certo que o festival necesita algunhas actualizacións, pero a base ten que seguir sendo mimar aos autores. Se un autor ou unha autora non fai un obra, o editor non vive diso, o lector non vive diso, e o lector non le nada. Todo parte do autor, que é a base.

  • ¿Cales son as diferencias de Viñetas con outros festivais?

Viñetas pode diferenciarse doutros festivais, digo como editor, debuxante, lector, e coordinador durante catro anos, e iso hai que mimalo moitísimo. O Viñetas o que ten é que non é un festival centrado na parte de negocio, que tamén é importante e hai que mimalo máis, pero a base teñen que ser os autores e as autoras.

A Coruña é unha cidade que temos unha sorte que non a sabemos ben. Dentro do sector profesional, non somos conscientes do festival que temos. Hai unha lenda chinesa que di, que si ti eres unha pulga que vive nun can, o teu mundo é ver pelos e pelos de can, e se un día te quitan do can e ves o resto do mundo, alucinas. Eu creo que estamos moi dentro no noso salón, na nosa cidade, e non nos damos conta de como percibe esto a xente que ven de fora. Ven xente de Portugal, do resto de España, que veñen tódolos anos a comprar as novidades. Eles perciben o Viñetas de forma diferente á nosa cidadanía, e temos que facer que A Coruña sexa consciente do festival que ten de cara a fora. Temos un escaparate impresionante, e iso é unha cousa que temos que vender con toda a forza posible.

A traxectoria de Manel Cráneo

Eu empecei a facer cousas de cómic a mediados dos 90, que foi cando salín da escola de artes Pablo Picasso de facer deseño gráfico. Había unha iniciativa na Coruña, que facíamos no Fórum Metropolitano, con xente que agora está facendo Autovan, como Bernal Prieto, Alberto Vázquez, Emma Ríos, etc. Había un grupiño que facíamos unhas xornadas no Parque Europa e traíamos algunha xente de Barcelona, e aos dous anos de facelo foi cando apareceu Viñetas que xa era algo moi profesional, e seguimos participando con autores locais que se empapan de todo do de fora.

No Viñetas colaborei coas xornadas da banda deseñada, de Ourense. Logo montei a editorial, paralelamente xurdiu colaborar como coordinador de actividades paralelas, e deixeino porque o chegou Roquiño o meu fillo, que é o futuro da banda deseñada. Entón naquel momento deixei a organización e dediqueime a ser pai, e a editorial, e agora aquí estamos outra vez enredados. Foron anos desfrutando do festival dende distintos puntos de vista.

Demo Editorial

A editorial, vai camiño dos 60 títulos de autores e autoras galegos, e tamén traducións de fora, comezou desa forma, gracias aos Fanzine. Eu tiña unha obra 'Os lobos de Moeche', que era unha obra ambientada nas revoltas irmandiñas, pensei que era mellor editalo eu, porque pensaba que era mellor ter o producto controlado. E con esa autoedición o libro funcionou moi ben, vamos camiño da cuarta edición e quinta impresión, pero non pensaba que me iba a chegar xente pedindo que os editara, porque sempre tiven desde que facía Fanzines, máis facilidades para promocionar e mover o dos demáis que o meu. Así levamos unha aventura de 60 títulos xa.

Vontade e capacidade de xuntar xente

A asociación galega de profesionais da ilustración, hai xente de xeracións anteriores, como Suso Cubeiro, Xan López Domínguez que foron os que nos liaron a nós para activar a asociación, e xuntar xente é buscar unha excusa para ir de cena con xente do sector, e buscar relacións con eles. Xenerar eses lazos, e ese tecido profesional, eu disfruto moitísimo con iso, moitas veces fas proxectos só pola excusa de xuntar a xente é facer familia.

A importancia do debuxo

Eu creo que esa inquedanza témola todos, todos os seres humanos temos esa conexión co debuxo dende que estábamos nas cavernas en Altamira. O debuxo é unha vía de comunicación internacional, grazas ao debuxo a humanidade evolucionou, porque se non houbese debuxo, ninguen deseñaria un avión, un edificio ou o cemiterio de San Amaro. Sempre hai un trazo detráis do que non é algo que sae directamente da natureza. Todo o que está inventado polo ser humano, está debuxado.

O sistema educativo, deixa o debuxo de lado a certa idade, e vamos deixando esa ferramenta. Todos seguimos escribindo e ninguén ten medo a escribir o seu nome nun papel, pero non debuxan un coche porque non saben debuxar. E ves que moita xente, de 40 u 50 anos debuxan como cando tiñan 7 anos porque foi cando deixaron de debuxar. Debuxar é unha terapia maravillosa, debería usala todo o mundo ata que morren.

Planeta Mincha

Naceu como un proxecto multidisciplinar, no que metín música propia, arte propio, personaxes, filósofos, cartografías, que fun facendo durante anos, é un caixón desastre onde podo ir metendo facetas que a min me gusta e non sabía como conectalas, por exemplo compoñer música, ilustrar, facer animación. Fago un proxecto que sexa un contenedor que me permita, dentro dunha estética común, experimentar con todas as disciplinas artísticas que a min me gusta, Non hai fronteiras ahí, e non debería der habelas.

Autores recomendados da banda diseñada

A nivel internacional, gústame moito Os Talbot, xente moi especializada en cómic social, recomendaría a Virgen Roja, sobre Luis Michael, que é a muller que liderou a comuna de parís, con todo o movemento libertario, anarquista, cando fixeron aquela revolución social no ano 18 e pico, e afrontaron esta figura de esta muller feminista, loitadora, traballadora.., de xeito alucinante. O último de Paco Roca tamén o recomendaría, todas as tématicas de tipo social son moi interesantes, tratalas a travñes do cómic. Pero gustánme todos os xéneros. De Galicia hai que mencionar a Emma Ríos, que é nosa, é da coruña, temos a sorte de que unha coruñesa que está triunfando no cómic en EEUU dende hai anos, e está facendo o cartel do salón do cómic de Barcelona, hai outros moitos como David Rubín que están facendo carreira en outros países. Estamos no punto de mira de moitos países, co que estamos facendo en Galicia. Non somos conscientes do valor que temos.

Cinza, a última obra de Manel Cráneo

Levoume 7 anos facer este libro, pero estou moi contento. Levou sete anos de proceso, e agora que está feito, estou alucinando co éxito que está tendo, era unha responsabilidade, porque coller unha novela que vendeu tantos exemplares, como é Cinza de Xavier Alcalá, que é un dos clásicos da literatura galega é unha responsabilidade que te cargas as costas, porque ten moitos lectores, poñerlle cara aos personaxes, darlle forma aos lugares, é unha responsabilidade porque podes decepcionar á xente, pero contei coa sorte, que non conta moita xente, de que está vivo, hai que alabar e festexar a vida.

Hai moita xente que fai adaptacións de xente que faleceu, que xa non está e non podes entrar no cerebro dos autores. Eu son moi respetuoso con outros autores, entón a min permiteme tamén dende onde podo aportar o meu grao de área creativo, sen desvirtuar a obra orixinal. Eu creo que traballar con Xabier foi unha maravilla, en menos de tres meses está a primeira edición vendida, presentamos a segunda edición na casa da cultura do Temple. Eu estou alucinando, non esperaba esta acollida tan boa.

Un consello para as novas xeracións, ou quen deixa de debuxar

Temos que facer unha aposta forte coa entrada da IA, as novas xeracións teñen que ser conscientes de que hai que loitar polos dereitos do autor, porque realmente ti non vives de facer un debuxo, vives das aplicacións que pode ter ese debuxo. Podes estar cobrando dereitos durante anos, por exemplo o autor de Tintín, Uderzo de Asterix e Obelix, ou Ibañez. A familia de ibañez ten que seguir cobrando por Mortadelo, porque é un patrimonio cultural que queda.

As novas xeracións xa coquetean coa IA pero hai que convidarlles a que sigan facendo obra de autor polas vías artísticas que houbo sempre, e que se sumen a esta loita que temos todos os profesionais, e que sexan conscientes que a IA ten que estar regulada, e está moi ben e nos vai a dar moitas alegrías a moitos niveis, pero se nutren do que facemos nós e que está colgado en internet.

Os carteles feitos con IA, danme un pouco de repelús e as veces un pouco de noxo. Como pode haber unha persoa con dúas mas esquerdas, tres dedos en cada man... esta intelixencia artificial, é artificial, pero intelexencia fáltalle un pouco. Vai a mellorar moitísimo, e cada día estamos vendo grandes avances, os programas avanzan moi rapido porque a tecnoloxía vai máis rapida que nós, creo que as novas xeracións teñen que ser conscientes de que ahí hai un equilibrio que hai que buscar, e hai que seguir potenciando a autoria dos humanos por riba de todo, que a IA sexa unha ferramenta que axude, pero non pode ser nunca o resultado dun arte final.

Un lugar de A Coruña

O cemiterio de San Amaro. Ao carón de Luis Seoane, porque é un dos artistas gráficos que levo no corazón, Temos unha sorte na Coruña de ter a súa fundación. Creo que é un exemplo de síntese na arte a nivel internacional. San Amaro é un sitio donde respiras paz, nunha cidade que hai ruido por todas partes, non paran de montar obras en cada esquina. Pareceme moi bonito a conexión con todo este mundo que nos deixou, o legado que temos de ilustres, e xente normal de andar a pé pola cidade e pareceme que o cemiterio, lonxe da tristura que lle pode parecer a algunha xente, a min pareceme unha celebración da vida, un lugar positivo e optimista e onde te das un paseo e celebras que estas vivo, que hai que aproveitar a vida cada minuto, ser positivos, constructivos e tirar para diante, enton que mellor que o cemiterio de San Amaro que ten unhas obras artísticas maravillosas.

Un libro

Vou a tirar para casa. Un libro que me encanta, que me acompaña dende que tiña 8 anos, grazas a Luli, unha profe que tiven maravillosa en Franciscanos. Leyendas tradicionales gallegas, de Leandro Carral Barellos, e un libro que recalca Galicia tal cal, e eu encontrei nese libro tantas veces fontes de inspiración, que eu recomendaríalle a todo o mundo entrar por ahí na nosa tradición das lendas de Galicia.

E outro que é moi interesante lelo, porque a tempos de hoxe segue funcionando todo igual, O príncipe de Maquiavelo.

Unha película

A primeira que me ven a mente, O tesouro de sierramadre, con Humphrey Bogart.

Unha canción

Algunha de Fugazi, un grupo que ven da movida post punk.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00