Atropelada unha nena e seu pai nun paso de cebra en Camiños Chans, Cee
A menor, inda que se atopa estable, foi trasladada ao hospital Materno Infantil da Coruña
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Cee
Aconteceou pasadas as nove da mañá na zona coñecida como Camiños Chans en Brens, Cee. Un coche golpeou a unha nena e o seu pai cando cruzaban polo paso de cebra en dirección á parada do bus escolar para acudir ao centro escolar Vila de Cee .
O coche golpeou con forza aos dous peóns e a peor parte levouna a nena, que saiu despedida varios metros e inicialmente perdeu a consciencia. Cando chegaron ao lugar dos feitos os servizos de emerxencia xa estaba consciente. Nun primeiro momento foron trasladados ao Hospital de Cee. Os dous están estables, pero a menor foi derivada ao Materno Infantil da Coruña para unha valoración nun hopital con maiores recursos en atención pediátrica por se xurdise algunha complicación.
Ao lugar acudiron Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e Urxencias do 061