Roberto Vilar: "Galicia é unha das grandes potencias mundiais do humor"
Roberto Vilar celebra 30 anos de traxectoria co seu espectáculo 'Celebreixon', no Teatro Colón, dentro da programación do EMHU
Roberto Vilar, 'Celebreixon' 30 anos de carreira
06:40
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1713864962605/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
Roberto Vilar celebra 30 anos de traxectoria co seu espectáculo 'Celebreixon', no Teatro Colón, dentro da programación do EMHU. Comezou fai 30 anos a súa carreira televisiva no programa Café, café da TVG. Despois chegaron o Supermartes e Con perdón, onde coñece a Víctor Fábregas e crean o histórico dúo cómico Os Tonechos, que tantas noites de venres amenizáronnos no Luar. Actualmente produce, dirixe e presenta Land Rober Tunai Show, ademáis do magazine da tarde Quen anda aí.
30 anos de humor con Roberto Vilar
- ¿Cómo xurde Celebreixon?
30 anos de comedia, e apetecíame moito celebralo. A mellor maneira é co publico coa xente nos teatros. Comezamos en xaneiro esta xira do 'Celebreixon' en Lugo, e está sendo o máis bonito que fixen na miña vida, súper emocionante, coa xente, cos teatros cheos, etc.
En A Coruña vamos facer a penúltima cita, o domingo 28 estaremos no Teatro Colón, polo menos en Galicia. Somos galegos, xa estamos con morriña e aínda non acabamos
A idea deuma miña nai, cando celebrei os 30 anos no Land Rober nun programa especial, e díxome miña nai, "ostras Roberto que pasada, é como un milagro, é increíble, hai que celebralo", e celebrámolo así, co público porque no teatro sintes moito máís o cariño da xente, na tele é diferente porque non hai tanta proximidade.
O EMHU en A Coruña
- ¿Qué opina Roberto sobre este festival?
É unha maravilla. Eu sempre digo que Galicia é das grandes potencias mundiais do humor, en Galicia faise un humor dunha calidade tremenda. Tanto se fai, como hai un público magnífico. É unha maravilla ter un festival como o EMHU na coruña, da man de luis Piedrahita e da man dunha das grandes empresas do humor deste país, que é Etiqueta negra que levan moitos anos levando o humor aos teatros. Cada ano hai máis ambiente, e este ano éun gustazo poder participar, e estar no Teatro Colón. Foi tremendo, sacamos á venda as entradas do show e vendéronse todas en 48 h e tivemos que sacar outra función. É unha locura o que sucede no emhu.
- ¿Qué vai a facer no seu show?
A miña dificultade é sorprender ao público, que pasen cousas que non esperen, eu nos meus shows digo que vas a disfrutar máis cando menos sepas do show, pero algo hai que contar... se non que fan os da radio.
É un show grande, móvemonos unhas 25 persoas, entre artistas, técnicos, hai un show moi grande no escenario. Hai monólogos, sketchs, música, en cada cidade hai unha sorpresa. Estivo Luis Tosar en Lugo, os Mozos de Arousa, en Vilagarcía, en Ferrol está Eva Iglesias, e na Coruña iba ser sorpresa, pero como ten tantos fans tiven que anuncialo, e ven Andrés Suárez, o cantautor vai estar conmigo, facendo algo único, solo se vai poder ver alí e está moi nervioso. Vai facer algo cunha banda grande, un tema musical que vai ser moi bonito de ver, estará Andrés Suárez nas dúas funcións. Esto non sei se o sabe andrés jajaja.
O obxectivo de facer rir
- ¿Cómo leva Roberto o cambio entre teatro e televisión?
Bueno, tes que facer rir, se fas rir todo vai moi ben, e se non se rin, estás morto. Non hai máis. Realmente si o pensas ben é terrible, pero non se pode pensar moito.
No teatro tes unha resposta moi inmediata. Saes, dis unha tontería e se non se rin, fracaso, vamos a polo siguiente. Pero tamén hai unha relación de proximidade, a xente pagou unha entrada, desplazouse para ir ata alí, hai un esforzo do receptor e iso normalmente se transforma en cariño hacia os que estamos no escenario. Iso é moi bonito, na Coruña especialmente, porque é dentro do EMHU, porque xa ten moita xente, moita acción, e é no Teatro Colón, un dos teatros máis espectaculares que temos no país.
- 30 anos de trayectoria, din moito do talento que ten
Algo de talento tes que ter supoño, tes que traballar moito, ter sorte, funme rodeando de xente extraordinaria, como Víctor Fábregas nos Tonechos, despois con Touriñán, ahoraEva Iglesias, vas tendo sorte pero hai que traballar. Din os chinos que vale máis unha cucharada de sorte que unha garrafa de sabiduría. Eu síntome moi afortunado
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.