O Kiosco Alfonso expón 94 pezas de Jorge Peteiro, “referente da vangarda galega”
O pintor da cor e da ledicia faleceu en 2013 cando tiña 54 anos.

Pedro Vasco, comisario de la exposición 'Peteiro'
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
A exposición Peteiro exhibe desde este martes e ata o 21 de xullo un total de 94 pezas do pintor e escultor coruñés Jorge Peteiro no Kiosco Alfonso.
Na inauguración, celebrada este martes, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, lembrou que Peteiro “foi e será un referente da vangarda galega, pero tamén un coruñés fondamente identificado coa súa cidade”, que foi “fonte de inspiración” de moitas das súas obras.


O pintor da cor e da ledicia faleceu en 2013 cando tiña 54 anos.
A mostra, comisariada por Pedro Vasco e pola viúva do artista, Beatriz García Trillo, está composta por 94 obras da etapa máis recoñecible de Peteiro, cedidas por 20 institucións públicas e coleccionistas privados.
A Coruña recupera agora o seu “universo de soños e fantasías”, en palabras da alcaldesa Inés Rey, para ter presente a un “artista que marchou demasiado cedo”.
Peteiro permanecerá aberta ao público no Kiosco Alfonso ata o 21 de xullo.


Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.




