“Non é normal que aos turistas lle siga saíndo todo gratis”
Xosé Regueira considera que chegou o momento de valorar o cobro dunha taxa turística e o acceso aos lugares máis visitados
Especial turismo, Vivindo a Costa da Morte (24/04/2024)
48:03
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1713970770812/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Costa da Morte
As cifras de crecemento do turismo na Cota da Morte son realmente significativas na última década. O número de viaxeiros pasou de case 95.000 no 2010 a preto dos 170.000 no 2022.
Cada ano o incremento de pernoitas seguen superándose, en 2021 superaron por pouco as 211.000 e só un anos despois, non 2022, acadaron unha cifra superior aos 301.000.
Unha das fortalezas da oferta da zona é a variedade de oferta, con propostas para diferentes perfís de visitante xa sexa dende o punto de vista económico, de idade ou do tipo de actividade que busquen.
O reto está na necesidade de regular o actual crecemento para evitar problemas futuros. O maior número de visitantes provoca tamén un maior gasto en servizos públicos e non sempre é asumible para os concellos. A alcaldesa de Fisterra Áurea Domínguez considera que o resto de administracións deben axudar a concellos como o seu, incapaz de asumir o gasto que provocan os visitantes.
Unha das solucións sería cobrar unha Taxa Turística. Así o entenden tanto a alcaldesa fisterrá como o vicepresidente da Deputación Xosé Regueira, o vicepresidente do Clúster de Turismo Jesús Picallo ou o responsable da empresa Galitrips, dedicada ao aluguer de vivenda turística Dani Trillo. Aseguran que é o momento de valoralo e que podería ser beneficiosos tanto para as arcas municipais como para o propio sector. Regueira vai máis aló e volve poñer sobre a mesa a necesidade do cobro de entrada aos lugares máis visitados como o cabo Fisterra, precisamente o goberno local traballa nunha normativa neste sentido.
Outra das consecuencias do aumento de visitantes é a proliferación da vivenda turística, localidades como Fisterra ou Carnota están entre as que teñen un maior número destes negocios en toda Galicia, case á altura de Santiago ou A Coruña.
Dani Trillo, asegura que a demanda vai continuar aumentando e considera que para dar un servizo de calidade os concellos deben regular este sector, pide tamén unha maior eficacia na loita contra o aluguer ilegal.
Pola súa banda Jesús Picallo considera necesario aumentar as esixencias para vivenda turística, moi inferiores hoxe en día cos que ten o sector hoteleiro. Preocupa tamén o efecto negativo que está tendo o incremento oferta vivenda turística no prezo do aluguer de vivenda para os veciños da zona, nalgunhas poboacións estanse vendo desprazados das súas rúas ou vilas debido a un incremento do prezo inasumible para a maioría de salarios.
De cara ao futuro todos coinciden en que se debe seguir dando pasos cara a desestacionalización, traballando nunha oferta turística de calidade, sostible e que sexa beneficiosa para a poboación local.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.