Hoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Obradoiros

O Concello de Tomiño realizará dous obradoiros de elaboración de pandeiretas ante a alta demanda

Organizados pola OMIX de Tomiño, 70 persoas terán a oportunidade de aprender a crear este instrumento tradicional

Obradoiro de pandeiretas en Tomiño

O Concello de Tomiño continúa comprometido coa participación e formación da mocidade tomiñesa. Ante a altísima demanda do obradoiro de elaboración de pandeiretas organizado pola OMIX de Tomiño e previsto para o vindeiro mes de maio, o Concello decidiu duplicar esforzos e realizar dous talleres para atender ás 70 persoas inscritas na actividade.

O concelleiro de Mocidade, Agustín González, salienta a importancia de escoitar á mocidade e responder ás súas inquedanzas, “ofrecéndolles oportunidades de formación e ocio relacionados con temas e actividades que lles interesan. Estes cursos e importante esforzo orzamentario realizado para duplicar a oferta son un claro exemplo do noso compromiso nese sentido”.

Os obradoiros celebraranse na Praza Cultura de Goián os sábados 25 de maio e 1 de xuño, de 10h00 a 14h30, en dúas sesións formativas nas que a mocidade poderá aprender a elaborar este instrumento tradicional galego.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora