Santiago, cara a un novo modelo de cidade
A Cadena SER organiza o vindeiro 3 de maio unha nova edición do Foro Conversa na que se analizarán os retos da cidade na mobilidade e en materia de urbanismo e vivenda
Santiago de Compostela
As cidades son para quen as habita. E en Santiago ábrese unha reflexión sobre o modelo a seguir, cara a onde debe camiñar Compostela para non perder a súa esencia, sen tampouco quedar á marxe das innovacións que veñen da man da Intelixencia Artificial. Na Cadena SER queremos contribuir a ese debate, a esa reflexión cunha nova edición do Foro Conversa, que terá lugar o vindeiro venres 3 de maio no hotel NH Collection.
Un foro que inaugurará a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e no que falaremos sobre a mobilidade de Santiago. Os problemas actuais, cómo solventalos, a contratación do novo concurso de transporte urbano, cómo situar ó peatón cómo protagonista, e tamén como as novas tecnoloxías poden contribuir a converter as cidades en lugares máis sostibles. Asuntos que abordaremos co concelleiro de mobilidade, Xan Duro, con profesor da USC, Miguel Pazos, que elaborou un estudo de mobilidade na cidade, e coa presidenta da Asociación de Veciños Vedesma de Santa Marta, Xulia Guntín. Os problemas de acceso e aparcamento na contorna do hospital Clínico será outro dos temas que se analizará nesta edición de Conversa.
O foro terá unha segunda mesa de debate sobre o modelo de cidade cara ó que debe ir Compostela. O concelleiro de urbanismo, Iago Lestegás, compartirá reflexión con Natalia Alvaredo, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coa profesora da USC, María José Piñeira, e co director da Fundación Ría, Manuel Rodríguez.
Pechará a xornada o novo director xeral de Vivenda da Xunta de Galicia, Heriberto García, que durante anos estivo á fronte do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.