Santiago, cara a un novo modelo de cidade
A Cadena SER organiza o vindeiro 3 de maio unha nova edición do Foro Conversa na que se analizarán os retos da cidade na mobilidade e en materia de urbanismo e vivenda

Santiago de Compostela
As cidades son para quen as habita. E en Santiago ábrese unha reflexión sobre o modelo a seguir, cara a onde debe camiñar Compostela para non perder a súa esencia, sen tampouco quedar á marxe das innovacións que veñen da man da Intelixencia Artificial. Na Cadena SER queremos contribuir a ese debate, a esa reflexión cunha nova edición do Foro Conversa, que terá lugar o vindeiro venres 3 de maio no hotel NH Collection.
Un foro que inaugurará a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e no que falaremos sobre a mobilidade de Santiago. Os problemas actuais, cómo solventalos, a contratación do novo concurso de transporte urbano, cómo situar ó peatón cómo protagonista, e tamén como as novas tecnoloxías poden contribuir a converter as cidades en lugares máis sostibles. Asuntos que abordaremos co concelleiro de mobilidade, Xan Duro, con profesor da USC, Miguel Pazos, que elaborou un estudo de mobilidade na cidade, e coa presidenta da Asociación de Veciños Vedesma de Santa Marta, Xulia Guntín. Os problemas de acceso e aparcamento na contorna do hospital Clínico será outro dos temas que se analizará nesta edición de Conversa.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarO foro terá unha segunda mesa de debate sobre o modelo de cidade cara ó que debe ir Compostela. O concelleiro de urbanismo, Iago Lestegás, compartirá reflexión con Natalia Alvaredo, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coa profesora da USC, María José Piñeira, e co director da Fundación Ría, Manuel Rodríguez.
Pechará a xornada o novo director xeral de Vivenda da Xunta de Galicia, Heriberto García, que durante anos estivo á fronte do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.




