Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad | Actualidad

Teresa Joga: “Hai que dotar A Limia dun punto onde agricultores e granxeiros poidan depositar os residuos”

A presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia lembra as tarefas pendentes na comarca

Teresa Joga: “Hai que dotar A Limia dun punto onde agricultores e granxeiros poidan depositar os residuos”

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora

Xinzo da Limia

A presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, María Teresa Joga, pasou unha vez máis polos micrófonos de Hoy por Hoy A Limia para analizar a situación do sector.

A comarca está en periodo de preparación de terras para a sementeira da pataca, nalgunha zona incluso xa están sementando as primeiras patacas. Esta realidade coincide coa de aqueles agricultores que “non puidendo ter sementado, ou estando arruinada a colleida do trigo, están intentando sementar o trigo de primavera”, afirma Joga.

Ademais, falamos con Adegal das axudas da Política Agraria Común, “lembrar que está aberto ese periodo para a presentación de axudas, marcadaseste ano polas peculiaridades que non se puido sementar o trigo de inverno”.

Doutro lado, Joga enumerou unha serie de tarefas pendentes que debería ter en conta a nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez: continuar a traballar no plan de regadío, “hai que dotar A Limia dun punto onde os nosos agricultores e granxeiros poidan depositar os residuos” e, tamén, lembra Joga da necesidade dunha limpeza profunda nos sistemas de drenaxe de toda a Limia para “evitar estes asolagamentos e problemas de contaminación”. Por iso, agardan falar cedo coa nova conselleira para trasladarlle estas urxencias.