Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Porriño consolida a súa feira do libro de novo con autores da localidade

O barrio de San Bieito acolle a partir do xoves as casetas

Participantes do clube de lectura xunto as casetas. / Hernandez M A. #

Participantes do clube de lectura  xunto as casetas.

Vigo

Este xoves volve ao Porriño a Feira do Libro de Galicia, que ata o domingo aglutinará diferentes actividades culturais no barrio de San Bieito e contará coa participación de diversos escritores de renome e de novo con escritores da vila coma Xulio Teixeira que se estrea cunha novela, "As vidas do río" que presentará este mesmo xoves logo do pregón, este ano a cargo do Club de Lectura de Biblioteca do Porriño e a actuación musical do Grupo Fonteliño, na carpa de actividades. Seguidamente, Xulio Teixeira estará acompañado do tamén escritor porriñés Diego Giráldez, con quen conversará sobre novela negra.

Os cativos/as poderán disfrutar ata o domingo de diversas actividades dirixidas especialmente para eles/as, como espectáculos musicais, teatro infantil, contacontos e un obradoiro. A carpa tamén será escenario de recitais poéticos, e presentación dos libros A rede Branca, de Paco Morgan, e Contos de Buxo, de Raquel Fernández.

A estas actividades hai que engadir as sinaturas de libros organizadas polas librerías participantes, que contarán con autores/as coma Raquel Castro, Samuel Merino, Andrea Martínez Balandrón ou María Olga Alonso, entre outros. As librarías Paz, Pedreira, Copi-Rey, Porto, Uróboros e Galo Azul terán as súas casetas correspondentes e ofrecerán un desconto do 10% en tódolos títulos.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir