Elvira Lama: "Xinzo viviu practicamente de costas ao río"
A voceira do grupo socialista no Concello de Xinzo sinala a importancia de controlar a eliminación de verteduras incontroladas ao río
Entrevista con Elvira Lama, voceira do grupo socialista en Xinzo de Limia
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Xinzo de Limia
En Hoy por Hoy A Limia falamos con Elvira Lama, voceira do grupo socialista no Concello de Xinzo de Limia sobre asuntos de actualidade. En primeiro lugar, a que foi alcaldesa do municipio destaca a importancia das actuacións de eliminación de vertidos incontrolados ao río Limia, en tanto "Xinzo foi un municipio que viviu de costas ao río". Lama quixo lembrar que as actuacións responden a un convenio asinado en marzo do 2023. Ademais lembra que esta será a primera fase e que "está pendente de redactar o proxecto e unha segunda actuación que será máis visible para uso e desfrute da veciñanza".
Doutro lado, a socialista falou de dous aspectos que se trataron no último pleno da capital comarcal. En primeiro lugar, a aprobación da suba das taxas nas instalacións deportivas por ser un servizo "deficitario", segundo explicou o actual rexedor Amador Díaz. O PSOE votou en contra, unha decisión que Lama argumentou nos nosos micrófonos.
En terceiro lugar, Lama falou sobre a necesidade de que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil que inicie a segunda fase do proxecto do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras. Precisamente, o PSdeG-PSOE de Ourense mantivo unha reunión con representantes socialistas na Limia estes días para analizar as necesidades da bisbarra.