“O problema máis grande de Camariñas é a situación do marisqueo”
A alcaldesa de Camariñas confirmou que hai acordo unánime para que a rúa Eugenio López pase a chamarse rúa Juan Bautista Santos
Pleno Aberto con Sandra Ínsua alcaldesa de Camariñas (08/05/2024)
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Camariñas
“O problema máis grande de Camariñas é a situación do marisqueo”
A alcaldesa de Camariñas Sandra Ínsua estivo este mércores no Pleno Aberto de Radio Nordés onde abordou diferentes asuntos da actualidade municipal.
Ínsua amosouse moi preocupada pola situación do sector marisqueiro, pediulle á Xunta que axude ás mariscadoras a solucionar o problema na ría xa que un porcentaxe moi importante de familias do concello dependen desta actividade. Por parte do concello no vindeiro pleno aprobarán unha partida de 3.000€ para compra de cría.
A alcaldesa falou tamén do esforzo que fai o concello para ter bandeira azul en Arou e asegurou que intentarán que O Ariño tamén a consiga o vindeiro ano.
Destacou as obras que se van facer na cuberta da Casa do Mar de Camelle a a segunda fase do paseo marítimo da Ponte do Porto que contará cun investimento duns 700.000€ coa axuda de Deputación.
Sandra Ínsua defendeu a xestión económica do concello cun remanente duns 780.000 € e asegurou que o feito de ter prorrogados os orzamentos dende o 2022 non está causando ningún prexuízo aos veciños.
A amosouse preocupada pola situación do SAF. Neste momento hai uns 108 usuarios e no 2025 acaba a actual concesión tendo que volver a licitalo o que suporá un importante incremento no custe do servizo, Pide á Xunta e Goberno central que aporten máis cartos para un servizo que está afogando aos concellos.
No que respecta ás críticas do PP pola situación do legado de MAN asegura alegrarse que por fin os populares amosen interés polo tema e pídelle que esa interese se transforme en investimento.
A rexedora asegurou estar preocupada polo incremento no consumo de drogas e as súas consecuencias, comprometeuse a liderar unha protesta conxunta dos concellos para que se incremente o número de efectivos da Garda Civil.
Por último anunciou que hai acordo unánime no pleno para poñerlle unha rúa a Juan Bautista Santos, ex alcalde camariñá falecido hai un ano.