Sociedad

ADOS conmemora as Letras Galegas agasallando un libro

As persoas que doen sangue na véspera do 17 de maio recibirán literatura galega, dende ADOS lembran a importancia de doar para salvar vidas

Imaxe de libros en galego / ADOS,

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agasallarán a todas as persoas que acudan a doar na xornada de mañá, xoves 16 de maio, cun libro como xeito de conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano lembra a figura da poeta e ensaísta coruñesa Luisa Villalta.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que establecer sinerxías desde as distintas institucións e colectivos procedentes dos máis diversos eidos da sociedade galega, posibilita transmitir unha mensaxe solidaria a toda a cidadanía e contribúe, neste caso, a fomentar a doazón de sangue pero, tamén, convida aos galegos e galegas a coñecer un pouco máis a nosa excelente literatura.

Ademais, lembran que pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00