'Arquitecturas da memoria', unha aplicación móbil para pasear por Lugo coas costureiras da Ulloa
Contén unha serie de audios xeolocalizados que só se poden escoitar ao achegarse a determinados puntos da cidade
Esta aplicación móbil lévate de paseo por Lugo mentres escoitas ás costureiras da Ulloa
10:20
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1715939236998/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Lugo
'Arquitecturas da memoria' é unha aplicación móbil que nos permite pasear polas rúas de Lugo dun xeito diferente, en compañía de máis de 30 costureiras da comarca da Ulloa. O proxecto, que busca vincular as cidades coa memoria das persoas que as habitaron, xorde na Aula das artes da Universidade Carlos III de Madrid, que chega a Lugo da man do proxecto 'Corcosendo' e foi desenvolta polo Colectivo Agrocuir e a Cooperativa Indaga. Preséntase este sábado, ás doce da mañá, na Deputación de Lugo.
Más información
O que propón é un percorrido polo centro, onde se atopan as rúas máis comerciais, guiados por unha ferramenta sinxela que nos presenta un mapa con puntos sinalados. Ao achegarnos a eles, permite escoitar un fragmento das entrevistas ás costureiras. "A idea é poñer en diálogo o novo imaxinario vinculado á costura e á moda, propio do capitalismo, e os recordos destas artesás", explican dende os colectivos que a impulsan.
"Escoitar as memorias do oficio da costura nas voces das súas protagonistas ofrécenos o privilexio de entrar nun mundo moi rico, dunha forma ínmita", explican na presentación do proxecto. Carlos López forma parte dos dous colectivos e participou na elaboración da app. "A peculiaridade desta proposta", sinala, "é que temos que ir desplazándonos para podes escoitar os audios, e isto permítenos movernos por unha cidade vendo como está nese momento, como soa e que se ve, pero ao mesmo tempo cuns cascos escoitar unha pequena memoria que nos remite ao pasado".
O que se busca é trasladar aos usuarios que accedan a ela que "no presente hai moitas capas que nos remiten ao pasado, capas dunha arqueoloxía ou de sedimentos que van quedando". Pero non con respecto á historia institucional e coñecida por todos, matiza, senón á "historia en minúsculas, que nos poden contar as nosas e os nosos maiores, que podemos escoitar nun relato, nunha anécdota ou nunha canción".
Cun teléfono móbil e uns cascos 'Arquitecturas da memoria' permítenos visitar "os comercios e as rúas onde antigamente había moita actividade relacionada co textil, poñéndoo en relación cos relatos e os recordos das costureiras dunha comarca que ten unha realidade diferente, pero que está próxima, e que é a comarca da Ulloa". Dete xeito, explica, ao que se invita é a reflexionar e a mirar o presente e a cidade de Lugo dende outra perspectiva e a reflexionar sobre a relación que temos hoxe en día coa vestimenta e a moda.
Como funciona a aplicación?
Para acceder á experiencia que presenta 'Arquitecturas da memoria', o primeiro é descargar a app de xeolocalización de audios no teléfono móbil. Ao abrila aparece un buscador no que hay que escribir 'Corcosendo', e o primeiro resultado é o percorrido elaborado para este proxecto. Aparece ao pinchar nel un mapa de realidade aumentada que detectará a xeolocalización do teléfono e, conforme se desplaze e se vaia achegando aos lugares coloreados, permitiranos escoitar os testeumos orais das costureiras.
Desta forma non só se dan a coñecer lugares e comercios emblemáticos da cidade, senón que a través das anécdotas e as vivencias das mulleres entrevistadas adquiren unha nova dimensión. Ademais, cada audio está seleccionado e vinculado a un punto concreto, así que a relación que se establece entre ambos fai reflexionar sobre como se transformou no tempo e o oficio e a relación que temos coa vestimenta e o mundo da moda.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.