Freixanes: "Precisamos un pacto polo galego de todos e sen postureo"
O presidente da Real Academia Galega pide á Xunta a derogación do decreto de plurilingüismo
Freixanes pide a derogación do decreto de plurilingüismo
14:35
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716484667333/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
O presidente da Real Academia Galega fai un chamamento a toda a sociedade e pide compromiso político para recuperar falantes. Víctor Freixanes reivindica un pacto polo galego, ao tempo que aposta pola derogación do decreto do plurilingüismo.
Freixanes respalda a proposta política de achegar un pacto polo galego. Di que é algo que a Real Academia Galega leva anos propoñendo. Iso si, pra que sexa efectivo, apunta a que ten que ser un acodo de todas as forzas e con "sinceridade, porque aquí tamén hai moito postureo". O académico refírese deste xeito á necesidade de estar dispostos a ceder nas posturas e adoptar medidas comprometidas. Entre esas medidas, destaca unha: a derogación do decreto do plurilingüismo. "Sería un xesto por parte do poder moi intelixente", dixo nunha entrevista en Radio Galicia - Cadena SER.
O presidente da RAG non ten dúbidas: o galego perde falantes na vida cotiá. Freixanes concorda con que o galego goza de prestixio e consciencia social, ademais as novas xeracións son as que teñen máis competencias lingüísticas -isto é no que se apoia a Xunta para defender as súas políticas-, pero insiste en que o problema é que non o empregan habitualmente. Cómpre, apunta, garantir a transmisión xeracional, traballar no ámbito urbano e lograr a presenza do galego nas novas tecnoloxías e as plataformas dixitais.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.