Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad | Actualidad

O Concello de Ribadavia comeza as obras de mellora dos camiños no núcleo de San Paio

O proxecto está financiado pola Consellería de Medio Rural

Obras en San Paio / Cadena SER

Ribadavia

O Concello de Ribadavia arranca así os traballos para mejorar a accesibilidade neste núcleo de poboación de San Paio. O proxecto, de 47.854,94 euros, está financiado pola Consellería de Medio Rural dentro do marco dos Plans de Infraestruturas Rurais.

No camiño do Coto a actuación consistirá na demolición dos primeiros 50 metros o pavimento existente de formigón, actualmente en mal estado. Nos 200 metros restantes da intervención prevista, o pavimento actual é de xabre con presenza de vexetación, polo que en ambos tramos acondicionarase o terreo para o posterior formigonado integral do camiño.

No camino do Castro, debido ao mal estado do pavimento actual óptarase por unha tripla rega asfáltica. Asemesmo construirase unha cuneta de formigón nos primeiros 100 metros do camiño.